Saltar ao contido

CURSO DE CONTACONTOS CON BEA CAMPOS, EN MARZO

Febreiro 16, 2015
tags:

Curso de contacontos con Bea Campos.

A actriz e narradora Beatriz Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos que se celebrará todos os xoves do vindeiro mes de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación teórica dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se abordará como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público. Nesta fase atenderase especialmente á recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como ao legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Beatriz Campos impartirá un curso de contacontos en Libros para Soñar-Vigo do 4 ao 8 de febreiro..

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, vanse practicar técnicas para aprender a contar. Ao remate das clases, os participantes no curso participarán nunha sesión real de contacontos para exercitar as estratexias narrativas e os coñecementos adquiridos.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Forma parte de compañías de teatro como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”. Ten participado en programas da TVG como “Na nosa nube”. A súa vinculación co teatro xa se remontaba á infancia, na compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que aínda se realiza no concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais.

Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 40 euros.

…………………………………

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

No comments yet

Deixar un comentario