Skip to content

AXENDA DE ACTIVIDADES EN MARZO

Marzo 2, 2015

Axenda de actividades de Libros para Soñar en marzo.

OS OSOS PROTAGONIZAN AS SESIÓNS DE CONTACONTOS DE LIBROS PARA SOÑAR

Marzo é o mes dos osos en LIBROS PARA SOÑAR. A sesión de contacontos de mañá venres ás 18:30 horas, co lema “Osos, osos e máis osos”, será o punto de partida dun amplo repertorio de relatos protagonizados por un animal co que os nenos e nenas están moi familiarizados. Dende clásicos como “Imos cazar un oso” de Michael Rosen e Helen Oxenbury, ou os “Osos” que ilustrou Maurice Sendak, pasando polas aventuras de “Catarina e o Oso” de Christiane Pieper, publicados por KALANDRAKA. Ata a exposición de ilustracións que se poderá visitar está protagonizada polos personaxes do conto tracional “Os tres osos”, cunha interesante proposta estética realizada por Miguel Tanco.

A vindeira sesión de contacontos, o venres día 13, vai estar dedicada á próxima celebración do Día do Pai, na que o libro protagonista será “P de papá”, dos autores portugueses Isabel Minhós e Bernardo Carvalho. A última actividade para público infantil e familiar deste mes será o venres 27, co lema “Osos de conto”.

Non han faltar as sesións de contacontos para bebés de 0 a 3 anos, que se celebrarán os mércores 11 e 25 de marzo ás 17:30 horas.

Paralelamente, todos os xoves deste mes estase desenvolvendo o curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Ante a elevada demanda, con persoas en lista de espera, proximamente convocarase unha nova edición do curso.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: