Saltar ao contido

FESTA DE CONTACONTOS DO 15º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 27, 2015

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

LIBROS PARA SOÑAR celebrou o seu 15º aniversario cos nenos e nenas, coas mamás e papás, cos amigos e amigas que veñen participando nas actividades da libraría infantil do Casco Vello de Vigo ao longo da súa traxectoria. Invitámosvos a un anaquiño desta torta especial de cumpreanos, inspirada na figura tan querida de Frederick, feita coa masa da ilusión, recuberta co chocolate da fantasía, decorada coas cores da imaxinación… e que sabe a conto.

A libraría quedou pequena para escoitar e compartir historias.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

O mal tempo non fixo mella na afluencia de público e encheu a libraría co colorido dos paraugas e dos chuvasqueiros.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Non faltou un bo feixe de carriños de bebés, que tamén se quixeron sumar a esta cita tan especial.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Con Manuela contamos e cantamos o conto elixido para personalizar a torta de cumpreanos: “Cores“, de Leo Lionni, cos versos de Antonio Rubio.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Foron moitas as peticións para que Xosé Ballesteros contara por enésima vez “O coelliño branco“, pero sorprendeunos cun conto moi orixinal dunha princesa e dun príncipe, dunha bruxa que o enfeitiza…

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Iria contounos o seu conto preferido: “Oh!“, de Josse Goffin… e con ela aprendemos un xeito divertido e musical para lavar os dentes.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Non podía faltar a voz das mamás e dos papás que lles contan contos aos seus fillos e fillas. Cristina agasallounos cun relato con forma de mazá.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Como anfitrionas da velada, Sandra e Bea traían unha torta dentro das páxinas dun libro…

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

E mentres Marga e Xaime comezaban a amenizar coa súa música unha celebración que ía chegando ao seu fin…

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

…Carmela chegou á sala portando a torta coa súa candea prendida, ante o asombro de pequenos e maiores.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

O pequeno Xoel uniuse aos seus pais para entoar unha canción de cumpreanos que nos emocionou moito:

…Parabéns para voçé, nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida…

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

E co alento de todos os nenos e nenas, das mamás e dos papás, fomos quen de apagar a vela dos 15 anos de LIBROS PARA SOÑAR. Día inesquecible, polo agarimo recibido, polo entusiasmo compartido.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Só quedaba compartir con tod@s esta torta literaria.

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Dende a pequena gran familia de LIBROS PARA SOÑAR, moitas GRAZAS por acompañarnos nesta tarde tan marabillosa e pola vosa confianza durante estes 15 anos. Longa vida!

15º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

One Comment leave one →

Trackbacks

  1. Kalandraka - Blog K

Deixar un comentario