Saltar ao contido

UN AGASALLO PARA KVETA

Febreiro 22, 2012

Estes días nas nosas librarías estivemos preparando

un agasallo para Kveta.

  

Primeiro fixemos un percorrido polos seus libros.

Despois puxémonos man á obra.

        

Os libros de Kveta son tan orixinais, tan creativos

que é ben doado deixarse levar.

      

Grandes e pequenos, igual de concentrados.

     

 En Vigo fixemos o noso propio Pop-Up.

Na Coruña decidímonos polo collage.

Que vos parecen?

As libreiras quedamos encantadas: por traballar con libros tan bonitos,

por ter a oportunidade de mostralos e, sobre todo, por dar con pais

e nais que os valoran e que conseguen transmitirlle ós nenos ata onde

se pode chegar da man dun bo libro…

Ata o infinito!!

Grazas a todos por compartir estas tardes con nós.

5 Comentarios leave one →
  1. ESPERANZA permalink
    Febreiro 22, 2012 9:41 pm

    QUE FERMOSO TRABALLO!, SON NAI E MESTRA E ME ENCANTAN ESTE TIPO DE EXPERIENCIAS NAS QUE OS NENOS E NENAS VANSE FIXANDO NOS DETALLES E FAN AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS. NO COLE NO QUE TRABALLO TAMÉN EMPREGAMOS O LIBRO ILUSTRADO COMO RECURSO. SI VOS INTERESA POÑEDE NO BUSCADOR “BLOG DO CEIP DE SOBRADA”, ESAS EXPERIENCIAS ESTAN NA SECCIÓN DA BIBLIOTECA.ESTAREMOS ENCANTAD@S DE QUE NOS FAGADES UNHA VISITA.
    UN SAÚDO DUNHA FAN DE “LIBROS PARA SOÑAR” EN VIGO

    • palabras no ar permalink*
      Febreiro 27, 2012 11:05 am

      Grazas polas túas palabras. Parécennos moi chulas as actividades que facedes no cole inspiradas nos libros. Canto xogo dan os libros cando son bos!

  2. María permalink
    Febreiro 24, 2012 6:45 pm

    estas actividades me parecen muy atractivas para mayores y niños/as!!

    • palabras no ar permalink*
      Febreiro 27, 2012 11:09 am

      Grazas María.O certo é que pasámolo igual de ben grandes e pequenos.

Trackbacks

  1. Blog K

Deixar un comentario