Saltar ao contido

ACTIVIDADES DE LIBROS PARA SOÑAR EN MAIO

Maio 5, 2015

Programa de actividades de LIBROS PARA SOÑAR en maio.

Amigos e amigas de LIBROS PARA SOÑAR. Anotámosvos a continuación en que vai consistir o programa de actividades deste mes de MAIO na libraría infantil do Casco Vello vigués. Agardamos que vos guste!

-Venres 8 ás 18:30h: “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándonos ao Día das Letras Galegas, o repertorio incluirá contos de autores galegos.
-Venres 15 ás 18:30h: “Contos para comer cos ollos”. Ofrecerémosvos un menú literario-gastronómico. Teremos como invitados os amig@s da ONG Intermon-Oxfam, que farán un obradoiro de cociña saudable.
-Venres 22 ás 18:30h: “Contos signados, contos coas mans”. Visitaranos unha profesora da Universidade de Vigo que contará contos en lingua de signos.
-Venres 29 ás 18:30h: “Contamos cos amigos de Down-Vigo, que tamén impartirán un obradoiro.

*Sesións de contos para bebés, os días 13 e 27 de maio ás 17:30 horas. Na data do 27 participarán Jenny e Helen, cunha actividade de contos e cantos en inglés.

Pequenos grandes lectores en LIBROS PARA SOÑAR.

No comments yet

Deixar un comentario