Saltar ao contido

PACO NOGUEIRAS E MARC TAEGER PRESENTAN ‘EXTRA!’

Decembro 9, 2020

O músico Paco Nogueiras e o artista plástico Marc Taeger visitarán este venres LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº1, Vigo) para presentar «Extra!», un novo libro-disco publicado por KALANDRAKA cunha ducia de cancións nas que a prensa escrita é o fío condutor. Dispostas como as noticias das distintas seccións -actualidade nacional e internacional, sucesos, cultura, deportes…- dun xornal, Paco Nogueiras é o compositor e intérprete dos temas, ilustrados por Marc Taeger. Os autores participarán en dous encontros, ás 17:30 e ás 18:30 horas, para público adulto: docentes, mediadores, persoal de bibliotecas… son os destinatarios destas sesións especiais, con aforo reducido e protocolos sanitarios, nas que tamén asinarán exemplares. Cómpre inscrición previa no enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com.

Porque a prensa é un valioso recurso na escola e no fogar para animar á escrita, á plástica creativa, para desenvolver habilidades lectoras, a curiosidade e a imaxinación, mais tamén para dinamizar a socialización, o traballo en equipo e adquirir habilidades tecnolóxicas… este libro-disco destaca pola versatilidade e o carácter lúdico. Acompáñase dun mini-xornal con información e pasatempos.

Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, Paco Nogueiras coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. Pola súa banda, Marc Taeger desdobra a figura de Paco Nogueiras en numerosas e divertidas facetas cheas de colorido, dinamismo e expresividade. Sempre cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu azul, o protagonista convértese en repartidor e lector de periódicos, nun entusiasta cronista do mundo, ao ritmo da música.

«Extra!» é o terceiro libro-disco de Paco Nogueiras despois de «Radio Bulebule» e «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música na categoría infantil) que, deron pé a centos de actuacións por toda Galicia. Como nos traballos precedentes, «Extra!» tamén conta co apoio dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: