Saltar ao contido

ACTIVIDADES DE ABRIL EN LIBROS PARA SOÑAR

Abril 5, 2019

Programación de abril en Libros para soñar

Abril sempre é un mes moi especial para as lectoras e lectores. Trala celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a seguinte data conmemorativa no calendario é o Día do Libro. LIBROS PARA SOÑAR cumpre 18 anos sendo o referente dos libros infantís e xuvenís no Casco Vello. Organizaremos unha gran festa o venres 26 ás 18:30 horas para compartir con todas e todos a ledicia de acompañarvos durante tanto tempo, vendo medrar as nenas e nenos que eran uns bebés cando a libraría abría as súas portas, asesorando a familias, docentes e mediadores.

Durante este tempo, unha nova exposición engalana a sala de actividades de LIBROS PARA SOÑAR: as ilustracións de Gusti para “O pirata valente“, un simpático texto de Ricardo Alcántara recuperado por KALANDRAKA 30 anos despois da súa primeira publicación. En formato acartonado para pre-lectores, que gozarán das súas rimas e da imaxinación que desprenden as intrépidas aventuras do seu protagonista.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: