Saltar ao contido

CHARLA PARA ADULTOS E VISITA AO MARCO

Marzo 18, 2019

Charla sobre os contos como recurso terapéutico

“Os contos como recurso terapéutico” é o lema do taller gratuíto que dirixirá a psicóloga Randall Hernández en LIBROS PARA SOÑAR este mércores ás 18:00 horas. Así, a sesión quincenal de contacontos para bebés convértese nunha charla dirixida a familias con fillas e fillos entre 1 e 6 anos, para achegarlles propostas de lectura sobre como ensinar e sandar a través dos contos. Cómpre inscrición previa na libraría, a través do enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com ou do número de teléfono 986 433 768.

Experta en psicoloxía da educación, Randall Hernández, do centro de logopedia, psicoloxía e pedagoxía Lingoreta, vai expor unha reflexión sobre  os beneficios dos contos como ferramenta para achegarse ás nenas e aos nenos e conectar con eles, ademais de compartir criterios para elixir os libros máis necesarios en cada circunstancia.

O pasamento dun ser querido, un cambio de domicilio ou unha ruptura familiar poden ser motivo de inquedanza para as rapazas e rapaces. A lectura pode actuar como ponte para comprender e empatizar con eles, ademais de facerlles levadeiro o tempo de adaptación á situación que atravesen. Nais e pais, docentes, mediadores e público en xeral son os destinatarios desta actividade.

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN PANTOQUE

Esta é unha semana diferente na dinámica habitual de LIBROS PARA SOÑAR, que tamén modifica a súa sesión habitual de animación á lectura dos venres. Así, en vez de celebrarse nas instalacións da libraría, as nenas e nenos e as súas familias están convocados a acudir ao Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo, ás 18:30 horas. Alí serán recibidos polo artista vigués Ramón Trigo, que os guiará polas salas nas que se pode visitar a exposición “Pantoque”, da que é autor canda o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada.

A mostra é un proxecto creativo multidisciplinar desenvolvido nos Astaleiros Armada, de Bouzas, entre setembro de 2016 e setembro de 2017, e cuxo resultado abrangue pintura, debuxo, escultura, fotografía e vídeo. Do mesmo xeito que durante eses doce meses conviviu cos operarios do astaleiro, recreando o seu traballo a través da arte, Ramón Trigo seguiu desenvolvendo “Pantoque” nos muros do propio MARCO.

A visita das nenas e nenos que acudan ao chamamento de LIBROS PARA SOÑAR é un xeito de achegalos á experiencia artística, tamén a través dalgúns dos contos ilustrados polo propio Ramón Trigo. “O pirata Pata de Lata”, con texto de Xosé Manuel González ‘Oli’ é unha das obras que formarán parte deste repertorio especial, no que tampouco faltará a presenza de “Leviatán”, onde o mar e as criaturas mariñas tamén son protagonistas.

Ramón Trigo

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: