Saltar ao contido

ESTE VENRES, CONTOS DE MEDO

Outubro 18, 2018

"Un dous tres, vampiro ti es", de Nadia Budde (Kalandraka)

 

LIBROS PARA SOÑAR RETOMARÁ MAÑÁ AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON CONTOS DE MEDO EN VÉSPERAS DO SAMAÍN

Co lema Contos de medo, LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres, a partir das 18:30 horas, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura, trala paréntese estival. En vésperas do Samaín, o repertorio da sesión de contacontos incluirá obras como “Gato Guille e os monstros” de Rocío Martínez, o clásico “Rufus, o morcego que adoraba as cores” de Tomi Ungerer, e “Un dous tres, vampiro ti es” de Nadia Budde.

Este último título é a nova proposta da autora alemana, logo de “Un dous tres, que ves?”. Trátase de libros de cartón para prelectores e primeiros lectores nos que o público desempeña un papel moi participativo a través dun xogo de rimas e dunha estrutura baseada na repetición e no encadeamento de personaxes e figuras. Palabras sinxelas e ilustracións de trazos grosos son o fío condutor desta invitación a ler, recitar e mesmo cantar coa libreira Sandra Senra e a mestra Iria Mantilla, que conducirán esta actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos.

 

 

LIBROS PARA SOÑAR tamén reanuda este mes as sesións especiais de contacontos para bebés ata 3 anos. A primeira celebrarase o vindeiro mércores 24 ás 17:30 horas e neste caso a asistencia require inscrición previa no enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com, ao tratarse dunha actividade con prazas limitadas e na que é preciso que cada nena ou neno estea acompañado por unha persoa adulta.

Ademais, a sala de actividades da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello ofrece este mes a exposición das ilustracións de Nadia Budde que van formar parte do repertorio literario nas sesións de contacontos deste mes. “Un dous tres, que ves?” foi o seu primeiro libro ilustrado, que gañou varios premios en Alemaña pola orixinalidade da proposta plástica e narrativa, e polo sentido lúdico da obra, que tivo continuidade en “Un dous tres, vampiro ti es”.

 

 

Por outra banda, LIBROS PARA SOÑAR é unha das protagonistas da sección ‘Onde habitan os libros’ na nova canle de televisión dixital KALANDRAKA TV, especializada en Literatura Infantil e Xuvenil. Este espazo dá a coñecer librarías e bibliotecas ás que o público pode dirixirse non só na procura de lecturas para distintas idades e gustos diversos, senón tamén para participar nas actividades que organizan como espazos de dinamización cultural e social. Canda LIBROS PARA SOÑAR, tamén está dispoñible unha reportaxe sobre a Libraría Cartabón e proximamente emitirase un percorrido pola Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, ambas en Vigo.

 

View this post on Instagram

《Es necesario que el niño/a esté en contacto con los libros desde que tiene meses, cuando ya puede agarrar objetos o cuando le están cantando 'Luna luna sol'… Si no ha estado en contacto con esto y a los cuatro años se le da un libro, es obvio que no lo va a coger con gusto. Porque aunque no sepa leer letras -a, e, i, o, u…- sí sabe leer con sus ojos, las ilustraciones van contando historias; es algo que hay que ir educando》. Sandra Senra es una de las libreras de 'Libros para soñar'. La librería de LIJ en el centro de Vigo protagoniza un nuevo vídeo de KALANDRAKA TV en la seccion "Donde habitan los libros". : : Vídeo completo en www.kalandraka.tv #hoyleemos #LibrosParaSoñar #libreria #Vigo #LIJ #literaturainfantil #lectura #animacionlectora #asesoramiento #familias #infancia #KalandrakaTv #DondeHabitanLosLibros #televisiondigital #video #Kalandraka20aniversario – 《É necesario que o neno/a estea en contacto cos libros dende que ten meses, cando xa pode agarrar obxectos ou cando lle están cantando 'Lúa lúa sol'… Se non estivo en contacto con isto e aos catro anos se lle dá un libro, é obvio que non o vai coller con gusto. Porque aínda que non saiba ler letras -a, e, i, o, u…- si sabe ler cos seus ollos, as ilustracións van contando historias; é algo que hai que ir educando》 Sandra Senra é unha das libreiras de 'Libros para soñar'. A libraría de LIX no Casco Vello de Vigo protagoniza un novo vídeo de KALANDRAKA TV na seccion "Onde habitan os libros". : : Vídeo completo en www.kalandraka.tv

A post shared by Kalandraka Editora (@kalandrakaeditora) on

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: