Skip to content

FESTA DOS 17 ANOS DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 18, 2018

Festa dos 17 anos de LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR celebrará o seu aniversario o vindeiro luns, 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración a este venres 20 para facela coincidir coa sesión habitual de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial, aberta ao público, os protagonistas serán usuarios e usuarias da libraría, lectoras e lectores, nais e pais que ao longo destes 17 anos de traxectoria teñen contribuído coa súa presenza, a súa complicidade e o seu compromiso a que LIBROS PARA SOÑAR fose sumando anos.

Será unha sesión emotiva e chea de sorpresas na que non faltará a clásica torta de cumpreanos para que os nenos e as nenas axuden a soprar as velas no aniversario da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello.

LIBROS PARA SOÑAR fai un balance intenso destes últimos doce meses, nos que contou con autores como Xosé Ballesteros presentando a súa adaptación do clásico “Os tres porquiños”; ou os creadores de “Un máis”, Olalla González e Marc Taeger. Tampouco faltaron artistas como o vigués Ramón Trigo, que impartiu un orixinal taller de ilustración, e as actividades musicais, da man de destacados intérpretes como Susa Herrera e César Freiría á fronte do proxecto Cé Orquestra Pantasma, ademais do concerto de Paco Nogueiras coas cancións de “Radio Bulebule” e grupos como Pesdelán e A Banda dos Cueiros.

Este luns, LIBROS PARA SOÑAR sumarase á tradicional campaña de promoción co gallo do Día do Libro, ofrecendo un 10% de desconto no importe das compras.

O programación deste abril dos libros e da lectura rematará o venres 27 cun obradoiro de plástica creativa co lema “Creando historias, creando contos”. Ata finais de mes aínda se pode visitar a exposición de ilustracións de Elizabeth Builes para o poemario “Arroz con leche”, de Natalí Tentori, distinguido co IX Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: