Skip to content

CONTOS EN FEMININO (I)

Marzo 1, 2018

Actividades de marzo de 2018 en LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión de mañá venres, a partir das 18:30 horas, e tamén a da próxima semana, aos Contos en feminino co gallo do Día da Muller, que se celebrará o vindeiro xoves 8 de marzo. Con ese lema, a libraría infantil do Casco Vello vigués artellará un repertorio de relatos protagonizados por figuras femininas ou creadas por escritoras e ilustradoras. O clásico “Rosa caramelo”, de Adela Turín e Nella Bosnia, será unha das obras narradas.

Nos anos 70 Adela Turin e Nella Bosnia foron pioneiras na introdución dos conceptos de igualdade e coeducación na literatura infantil. “Rosa caramelo” é un dos títulos máis emblemáticos da colección “Dalla parte delle bambine”, que foi publicada en España por Esther Tusquets como “A favor de las niñas”, recuperada actualmente por KALANDRAKA. Narra a historia da elefanta Margarida que, coma outras da súa especie, vive aillada nun xardín alimentándose de anémonas e peonias para ter unha pel rosada, e vestindo zapatos, lazos e colares desa cor. Só ela incumpre as expectativas da súa nai e do seu pai, que desisten de que sexa coma as demais.

Baixo esta historia fabulada subxacen cuestións como un superficial culto á imaxe, ou a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e clasifícaos en función do seu xénero. Pero sobre todo, é un canto á liberdade que contribúe a pór en valor o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, e cambiar mentalidades para construír un mundo mellor.

A sesión de contacontos completarase con outro clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, “Os petos de Loreto”, de Quentin Blake, e coa obra “Once damas atrevidas”, do autor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’, ilustrado por Helle Thomassen. Ambos son textos rimados para primeiros lectores protagonizados por mulleres audaces e imaxinativas.

Ademais, durante este mes de marzo, a sala de actividades de LIBROS PARA SOÑAR acolle a exposición das ilustracións de Elizabeth Builes para o poemario “Arroz con leche”, de Natalí Tentori, distinguido co IX Premio Internacional Cidade de Orihuela para Nenas e Nenos e publicado por KALANDRAKA.

Esta obra sobre a esencia do feminino, da amizade, da maternidade e do vínculo entre fillas, nais e avoas, está relacionada coa campaña #NiUnaMenos contra a violencia de xénero, que se desenvolveu en Arxentina a través das redes sociais.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: