Skip to content

EN XANEIRO, CONTOS POLA PAZ

Xaneiro 16, 2018

 

Programación de xaneiro en Libros para soñar

LIBROS PARA SOÑAR retoma, trala pausa do Nadal, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura, tanto os mércores cada quince días para pre-lectores, como cada venres para nenas e nenos a partir de 3 anos.

Co gallo da celebración do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro, as sesións de contacontos dos días 19 e 26 ás 18:30 horas estarán dedicadas aos contos pola paz. No último venres deste mes presentarase o libro “Por qué?“, de Nikolai Popov: sen texto, só coa forza expresiva e gráfica das imaxes, trata sobre a sinrazón das guerras dende o punto de vista asequible para todos os públicos.

A primeira sesión de contacontos para bebés -con asistencia previa inscrición- celebrarase o día 24 ás 17:30 horas.

E a sala de exposicións de LIBROS PARA SOÑAR segue ocupada polas divertidas ilustracións de David Pintor para o libro-disco “Radio Bulebule“, de Paco Nogueiras, que inclúe uns abraiantes videoclips de José Miguel Sagüillo.

DSC_0069

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: