Saltar ao contido

CONCERTO DE ‘RADIO BULEBULE’ CON PACO NOGUEIRAS

Decembro 16, 2017

Paco Nogueiras e Sr.Sagüillo presentáronnos RADIO BULEBULE

LIBROS PARA SOÑAR encheuse de público para recibir a Paco Nogueiras, que nos presentou o seu novo libro-disco, “Radio BULEBULE“, nun divertido concerto. Canda el, José Miguel Sagüillo, director da curtametraxe que acompaña a obra e que nos presentou o videoclip da primeira canción. Non puido acompañarnos o ilustrador David Pintor, pero o seu traballo -cheo de colorido- acompáñanos durante todo este Nadal na sala de actividades.

 

A libraría foise convertendo nunha emisora dende a que saían as “ondas falangueiras” de “Radio BULEBULE” e Paco Nogueiras exerceu de locutor, músico e intérprete dunha escolma de cancións: ‘Pelos, melena’, ‘Teño que investigar’, ‘Éxito vogal’…

As noticias, os deportes, o tempo, a axenda cultural, as tendencias de moda, a ciencia… ¡cantas cousas interesantes na programación de “Radio BULEBULE”!

“Hoxe levanteime científico, matemático, algo químico;
hoxe levanteime científico e teño que investigar.
Hoxe levanteime científico, tecnolóxico, tamén físico;
hoxe levanteime científico e teño que investigar…”

Paco Nogueiras presentounos RADIO BULEBULE en Libros para soñar

En lingua de signos, cantamos e bailamos…

“Vou idear unha canción
para que todos bailen ao seu son.
Coas cinco vogais e un par de letras máis…
Vou idear unha canción…”

Paco Nogueiras presentounos RADIO BULEBULE en Libros para soñar

Paco dedicou moitos exemplares de “Radio BULEBULE”. Non faltaron as fotos de recordo como colofón a un concerto inesquecible.

Durante este Nadal non esquezades visitar a exposición de ilustracións de David Pintor.

Paco Nogueiras presentounos RADIO BULEBULE en Libros para soñar

Paco Nogueiras presentounos RADIO BULEBULE en Libros para soñar'

Moitas grazas, Paco e Sr.Sagüillo por visitarnos!

Paco Nogueiras presentounos RADIO BULEBULE en 'Libros para soñar'

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: