Skip to content

OLALLA E MARC PRESENTAN ‘UN MÁIS’

Novembro 6, 2017

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

Olalla González e Marc Taeger presentaron o seu novo libro, “Un máis“; segunda obra conxunta da mestra, contacontos e especialista en animación á lectura, e do ilustrador de orixe suíza. Canda a historia do simpático coelliño que agarda con impaciencia e ilusión a chegada dun novo bebé á familia, non faltaron outros contos da súa autoría: “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella“, ilustrada por Marc a partir do texto do prestixioso folclorista Antonio Rodríguez Almodóvar; e o conto tradicional “Garavanciño“, que foi o seu primeiro traballo xuntos.

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

«Había unha vez unha nena moi xeitosiña que vivía nunha aldea, preto dun bosque.  Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella, porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores, regaláralle unha capa desa cor, cunha carapucha para o frío…»

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

Sorpresa colectiva… ao comprobar a orixinal versión ilustrada de Marc para o conto de Carapuchiña, ambientada nas típicas celebracións mexicanas arredor do Día dos Mortos, equivalentes ao Samaín galego.

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

E a ritmo de “pachín, pachán, pachón…” ela contou, el ilustrou e todos cantamos a melodía de “Garavanciño”:

«Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño. Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda. A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase. Pero Garavanciño insistiu. Díxolle á súa nai que iría cantando; así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría…»

DSC_0424

«Un día, o pequeno coello mirou a súa mamá e dixo:
–Mamá, estás moi gorda. Creo que vas ter un bebé!
–Pois si, dentro de pouco seremos máis.
–E cando vai nacer?
–Cando xa non poida ver os meus pés…»

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

Olalla González e Marc Taeger presentaron "Un máis" e contaron outros contos da súa autoría.

Contando “Un máis” esta sesión especial de contacontos chegou ao seu fin, cos autores dedicando exemplares dos seus libros. Mais o eco deste relato e as suaves tonalidades deste álbum quedan un tempo máis entre as paredes de LIBROS PARA SOÑAR porque ata finais deste mes de setembro, na sala de actividades da libraría permanecen expostas as ilustracións de Marc Taeger.

…Moitas grazas aos dous por volver visitarnos!

Escaparate de "Un máis" en LIBROS PARA SOÑAR

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: