Skip to content

CURSO DE CONTACONTOS EN NOVEMBRO, CON BEA CAMPOS

Outubro 12, 2017
tags:

Curso de contacontos con Bea Campos

A actriz e narradora Beatriz Campos impartirá en novembro un curso intensivo de contacontos para adultos. Celebrarase na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués e xa está aberto o periodo de inscrición, con prazas limitadas. As sesións de “A arte de contar contos” realizaranse o sábado día 11 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo 12 de 10:00 a 14:00 horas. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

Beatriz Campos artellará ás clases en tres partes: unha primeira sobre a clasificación dos álbums ilustrados por idades, temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan no mercado.

Tamén se abordará como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, atendendo especialmente á recuperación e á posta en valor da tradición oral, do cancioneiro popular e o legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, vanse practicar técnicas para aprender a contar. Ao remate do curso, o alumnado participará nunha sesión real de contacontos en LIBROS PARA SOÑAR para exercitar as estratexias narrativas e os coñecementos adquiridos.

Bea Campos

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Vigo. Forma parte de compañías de teatro como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”, que recibiu unha mención no certame Bilbao Web Fest. Traballou en programas da TVG como “Na nosa nube” e “Por algo será!”. Leva vinculada ao teatro dende a nenez, na compañía Migallas, coa que representou diversas obras e participou en campañas infantís como “Á procura do tesouro” no Concello de Pontevedra, que aínda se mantén.

Tamén pertenceu ao equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías e bibliotecas. Nos últimos anos imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, no III Festival de Artes Escénicas Gran Caribe. Colabora en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación sobre expresión oral e narración para o profesorado.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: