Skip to content

ASÍ FOI O TALLER ‘UN LIBRO ENROLLADO’ CON RAMÓN TRIGO

Xullo 19, 2017

Xa se pode admirar en LIBROS PARA SOÑAR o resultado dos traballos que elaboraron os nenos e nenas que participaron no taller de verán “Un libro enrollado”, impartido polo ilustrador Ramón Trigo.

O proceso de elaboración foi do máis divertido e interesante; Ramón Trigo coidou ata os pequenos detalles para que os rapaces e rapazas captasen dende o primeiro momento o contexto da actividade: o libro enrollado como expresión actual do que antano eran os papiros; pregos de papel vexetal cuxo uso se remonta ao antigo Exipto no tempo dos faraóns e que se seguiu utilizando ata o século XI.

Precisamente, procurando ese aspecto vetusto do papel, o primeiro paso consistiu en pintar os pregos brancos con auga de café. Unha vez seco, os nenos e nenas elaboraron os seus debuxos a partir dunha proposta inicial de Ramón Trigo, que cada quen desenvolveu co seu criterio e imaxinación.

Cos traballos realizados individualmente, Ramón Trigo axudou os rapaces e rapazas a confeccionar o seu libro enrollado.

E como resultado final do taller, unindo todos os debuxos, confeccionouse un gran mural. Vinde todas e todos a velo ata LIBROS PARA SOÑAR!

Taller infantil de ilustración "Un libro enrollado", con Ramón Trigo

IMG-20170718-WA0001

IMG-20170718-WA0005

Taller infantil de ilustración "Un libro enrollado", con Ramón Trigo

Taller infantil de ilustración "Un libro enrollado", con Ramón Trigo

IMG-20170718-WA0010

IMG-20170718-WA0009

Taller infantil de ilustración "Un libro enrollado", con Ramón Trigo

Taller infantil de ilustración "Un libro enrollado", con Ramón Trigo

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: