Skip to content

TALLER DE ILUSTRACIÓN CON RAMÓN TRIGO: UN LIBRO ENROLLADO

Xullo 6, 2017

Taller "Un libro enrollado", en Libros para soñar.

O artista vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil de ilustración co lema “Un libro enrollado”, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 17, 18, e 19 deste mes de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, previamente preparada na casa.

A partir dun obxecto ou elemento proposto por Ramón Trigo como fío condutor, os asistentes poderán elaborar a súa propia historia coa técnica artística que desexen. Co resultado de todos os traballos, confeccionarase “un libro enrollado” que se poderá despregar coma un mural de gran formato, podendo acadar un tamaño de 2 a 3 metros de lonxitude.

O obxectivo da actividade é estimular a imaxinación dos máis novos, que se manteñan activos tamén durante as vacacións de verán, e que desenvolvan as súas habilidades na creación de personaxes e historias, ao tempo que as nais e os pais teñen un apoio para poderen conciliar a vida laboral e familiar.

Ademais de autor e ilustrador, Ramón Trigo ten experiencia impartindo obradoiros para público infantil e adulto. De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística en xornais e revistas especializadas en banda deseñada. As súas primeiras obras pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias editoriais -algúns incluídos na selección The White Ravens- e realiza exposicións cos seus cadros e esculturas.

Ten presentado a súa obra en países como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Entre as distincións que recibiu destacan o Premio Arte Xove Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alicante e Cabildo de Gran Canaria. Entre as súas obras recentes, “Leviatán”, publicado no selo FAKTORÍA K, gañou o Premio Lazarillo 2012 e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2015 outorgado pola Asociación Galega de Editores. Outro dos títulos destacados que ten ilustrado é “O pirata Pata de Lata”, editado por KALANDRAKA.

As inscricións pódense formalizar en LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo 1, Vigo): por teléfono no número 986 43 37 68 ou por correo electrónico no enderezo lps@kalandraka.com.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: