Saltar ao contido

EXPOSICIÓN NA LIBRARÍA E CASETA NA FEIRA DO LIBRO

Xuño 27, 2017

Os ratiños de Leo Lionni decorarán a caseta de Libros para soñar

LIBROS PARA SOÑAR participa esta semana na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Porta do Sol do 29 de xuño ata o 8 de xullo. Na caseta número 4 da libraría especializada en literatura infantil e xuvenil haberá unha ampla variedade de propostas para público de todas as idades: dende os novos títulos da colección para pre-lectores “Do berce á lúa” en formato grande, ata o novo volume da colección “Tambo” de poesía para público adulto, pasando polos últimos títulos da serie “Inventarios ilustrados” sobre flores e insectos.

Tampouco faltarán clásicos recuperados de grandes autores do álbum ilustrado contemporáneo como Tomi Ungerer, Gabrielle Vincent ou Leo Lionni. Así, do alemán destaca “Rufus, o morcego que adoraba as cores”, mentres que da belga figura “Ernesto e Celestina, músicos da rúa” e do estadounidense “Álex e o rato de corda”. Precisamente, os característicos ratiños de Leo Lionni para libros como “Cores” e “Números” van decorar a caseta de LIBROS PARA SOÑAR na Feira.

Os docentes, mediadores, e nais e pais en xeral tamén dispoñen dos catro primeiros títulos da “Biblioteca de Pedagoxía”, que reúne interesantes publicacións de Francesco Tonucci, María Montessori e Lev Vigotski, traducidas ao galego, para afondar en asuntos de materia educativa.

EXPOSICIÓN

Por outra parte, a libraría do Casco Vello vigués mantén a súa actividade habitual, reforzada cunha nova exposición de ilustracións que se poderá visitar durante o verán. Trátase dunha escolma de imaxes do artista plástico David Pintor realizadas para os tres cadernos de viaxe publicados por KALANDRAKA sobre Santiago de Compostela, Lisboa, Barcelona e Venecia.

David Pintor, autor dos títulos da serie "Viaxes-Cidades" (Kalandraka)

“Viaxes” destaca pola súa temática aventureira e ben acaída ás vacacións estivais. O protagonista destas estampas é un alter ego do autor que percorre as cidades procurando unha ollada alternativa -non exenta de fantasía- dos espazos, tanto os destacados nas guías turísticas como outros menos concorridos. A bordo dunha bicicleta e portando a súa libreta e os seus lapis, o protagonista capta a luminosidade, o colorido e os detalles de cada rúa, praza ou recuncho.

Cunha ampla traxectoria como humorista gráfico, ilustrador e pintor, David Pintor foi seleccionado en varias ocasións para participar na Feira do Libro de Boloña e na Bienal de Bratislava. A súa obra foi recoñecida con diversos premios en Galicia, Italia, Corea e Dubai.

"Viaxes", exposición de David Pintor en Libros para soñar (Vigo)

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: