Skip to content

CÉ ORQUESTRA PANTASMA, EN LIBROS PARA SOÑAR

Maio 11, 2017

Cé Orquestra Pantasma

O artista vigués César Freiría, promotor do proxecto musical Cé Orquestra Pantasma, será o invitado especial na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, onde mañá venres presentará as cancións do seu libro-disco para bebés “Fíos do querer”, editado por Miudiño. Excepcionalmente, a actividade celebrarase ás 17:30 horas. Consistirá nun encontro interactivo onde os nenos e as nenas poderán cantar, bailar e xogar ao son da música para, seguidamente, coñecer e experimentar con instrumentos e obxectos sonoros de orixe natural.

“Fíos do querer” contén 24 temas -dende “Que ricos os bicos”, ata “Palmiñas”, pasando por “De festa”- creados con agarimo a partir das “agullas máxicas do amor”, como explica César Freiría.

A partir do personaxe do home orquestra, este músico apoia os seus espectáculos na voz, no acompañamento rítmico con instrumentos de tonalidades suaves como o ukelele, xunto cun aparello sonoro e unha escenografía a base de axóuxeres dispostos a modo de árbore.

De formación autodidacta, César Freiría achegouse dende moi novo á música tradicional como alumno do mestre Nazario González Iglesias ‘Moxenas’. Paralelamente, desenvolveu o seu interese por instrumentos moi variados, como o clarinete, o acordeón, a harmónica ou a guitarra. Aos convencionais sumáronse outros como o batepés e a kalimba, inventados por el.

Logo de estudar Maxisterio musical e de traballar nunha escola, decidiu dedicarse á música: formou parte de grupos como A Roda, Aradouro, ou Aturuxo, rondallas e coros infantís, e formacións de punk. Dende 2008 actúa en solitario como artífice de Cé Orquestra Pantasma, percorrendo toda a xeografía galega e participando en numerosos festivais.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: