Skip to content

ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 18, 2017

Aniversario de Libros para soñar

LIBROS PARA SOÑAR celebra o seu aniversario neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración a este día venres 21 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués Federico Fernández, que debuxará personaxes dos seus libros, entre eles “Aurelio”: unha obra con texto de Antonio dirixida a pre-lectores e primeiros lectores que, a través das vogais, xoga coas palabras.

Profesor da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e un dos promotores do espazo artístico El Halcón Milenario, Federico Fernández é licenciado en Belas Artes pola Universiade de Vigo. Ademais de “Aurelio”, publicado por KALANDRAKA, nesta mesma editorial tamén ilustrou “Balea”, “Chibos chibóns” e “Onde perdeu Lúa a risa?”. Con este último gañou o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001.

Será unha sesión chea de sorpresas, á que se sumarán varias alumnas do recente curso de contacontos impartido pola actriz e narradora Bea Campos. Non faltará a clásica torta de cumpreanos para que os nenos e as nenas axuden a soprar as velas do aniversario da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello.

LIBROS PARA SOÑAR culminará este mes do libro e da lectura o vindeiro venres 28 de abril, cun obradoiro de arquitectura co lema “A cidade dos nenos”. Trátase do título dun dos principais libros do psicopedagogo italiano Francesco Tonucci, que estará de visita por Vigo a próxima semana.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: