Skip to content

CURSO DE CONTACONTOS,CON BEA CAMPOS

Marzo 6, 2017
tags:

Curso contacontos BeaCampos_feb17

LIBROS PARA SOÑAR continúa desenvolvendo actividades formativas para público adulto e xa ten programados dous cursos de contacontos que impartirá a actriz e narradora Beatriz Campos. O primeiro, no mes de abril, será de iniciación; seguiralle un segundo curso de perfeccionamento. Como novidade, ambos realizaranse en datas coincidentes co fin de semana. Están dirixidos a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

As datas e horarios da primeira convocatoria son o venres 7 de abril de 17:00 a 18:30 horas, e o sábado 8 de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 20:30 horas. O prezo do curso é de 50 euros e as persoas interesadas poden inscribirse a través do enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com, por teléfono no número 986 43 37 68, ou na propia libraría, no nº1 da Rúa Triunfo.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Forma parte de compañías como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”, que recibiu unha mención no certame Bilbao Web Fest e estivo nominada nos Premios Mestre Mateo 2017. Traballou en programas da TVG como “Na nosa nube” e actualmente en “Por algo será!”. Leva vinculada ao teatro dende a nenez, no grupo Migallas, co que representou diversas obras e participou en campañas infantís como “Á procura do tesouro” no Concello de Pontevedra, que aínda se mantén. Tamén pertenceu ao equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías e bibliotecas. Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: