Skip to content

CONTOS DE ENTROIDO E DISFRACES

Febreiro 23, 2017

Contos de Entroido en LIBROS PARA SOÑAR

O brillo das telas, o colorido das perrucas, a variedade de variñas máxicas, espadas, gorros e coroas vai crear unha atmosfera moi especial na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres a partir das 18:30 horas. Con motivo do Entroido, os nenos e nenas que o desexen poderán acudir á libraría ataviados cos seus disfraces. Na actividade, que rematará cun obradoiro, non faltarán os relatos ambientados nesta festa.

O repertorio incluirá “Tío Lobo”, un conto tradicional adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos: a mestra de Carmela invita os rapaces a tomar unhas chulas típicas co Entroido pero, como ela queda durmida no baño, os doces acábanse antes de que regrese á clase. Ao voltar á casa, a súa nai decide prepararlle unhas pero precisará que Tío Lobo lle preste unha tixola coa que fritilas. Así comezan as aventuras desta nena tan larpeira.

Tío Lobo, de Xosé Ballesteros e Roger Olmos (Kalandraka)

Por outra banda, LIBROS PARA SOÑAR segue programando actividades formativas para público adulto e neste vindeiro mes de marzo celebrarase un curso de iniciación aos contacontos impartido pola actriz e narradora Beatriz Campos. Realizarase en datas coincidentes co fin de semana e estará dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Forma parte de compañías como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”, que recibiu unha mención no certame Bilbao Web Fest. Traballou en programas da TVG como “Na nosa nube” e actualmente en “Por algo será!”. Leva vinculada ao teatro dende a nenez, no grupo Migallas. Tamén pertenceu ao equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música nas escolas galegas. Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas”.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: