Skip to content

OBRADOIRO DE DANZAS DO ENTROIDO CON PESDELÁN

Febreiro 15, 2017

O grupo Pesdelán visitará LIBROS PARA SOÑAR este venres 17 de febreiro, a partir das 18:30 horas, para impartir un obradoiro de danzas do Entroido que se representan en moitos países do mundo. A actividade, que forma parte do seu novo traballo musical, titulado “Entroidanzas”, ten carácter dinámico, participativo e didáctico, e está dirixida tanto a público infantil como adulto.

Dende Italia ata Colombia, pasando por Grecia, Arxentina, Venezuela, Perú ou Brasil, “Entroidanzas” recolle o modo no que distintas culturas celebran o seu Entroido tradicional con música e baile. Nesta viaxe non falta Galicia, da que se representan a mazurca-valse de Meira, en Moaña, e os folións de Ourense.

Esta compilación é o resultado dun amplo proceso de investigación e documentación que finalmente deu en seleccionar once temas. Así, nos seus espectáculos, Pesdelán anima a pequenos e a maiores a bailar ao ritmo do frevo brasileiro, ou como os boteiros de Vilariño de Conso, entre outras propostas.

No obradoiro deste venres, co que LIBROS PARA SOÑAR se adianta ao tempo de Entroido, o equipo de Pesdelán explicará cada danza dun xeito sinxelo e con demostracións, ao xeito de como se amosa en “Entroidanzas”, que contou coa colaboración de 50 persoas de distintas idades para a gravación dos bailes.

Logo do libro-CD-DVD “Na punta do pé”, publicado por KALANDRAKA, esta é a segunda obra colectiva de Pesdelán dende a creación do grupo en 2008, con músicos, bailadores e profesores pertencentes a varias formacións de Galicia e Portugal. A música en vivo e a interacción co público a través de bailes e divertidos xogos son o seu selo de identidade, co que pretenden recuperar o espírito participativo das festas. Dende entón, teñen actuado en numerosas cidades e vilas tanto galegas como de fóra de Galicia.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: