Skip to content

XOSÉ BALLESTEROS PRESENTA ‘OS TRES PORQUIÑOS’

Febreiro 9, 2017

"Os tres porquiños": Xosé Ballesteros & Marco Somà (Kalandraka).

LIBROS PARA SOÑAR recibirá mañá venres, a partir das 18:30 horas, a visita do autor Xosé Ballesteros, que presentará “Os tres porquiños”, do que KALANDRAKA acaba de publicar unha adaptación súa ilustrada polo artista italiano Marco Somà. Deste coñecido conto popular destacan o ritmo narrativo propio da oralidade, e unha estrutura repetitiva que invita a ler, contar, soprar e resoprar.

“Os tres porquiños” está protagonizado por un porquiño preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballador que, respectivamente, deciden construír unha casa de palla, outra de madeira e outra de pedra e ladrillo, para defenderse do lobo, ao que lle tiñan moito medo.

Cunha proposta plástica a base de tonalidades cálidas e cheas de detalles, esta obra fala do esforzo que requiren as cousas ben feitas, do compañeirismo, do traballo en equipo e da intelixencia para superar as adversidades. Ademais, as ilustracións de Marco Somà expóñense este mes en LIBROS PARA SOÑAR.

Ademais de adaptar “Os tres porquiños”, Xosé Ballesteros é o artífice da adaptación doutros textos tradicionais como “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “O traxe novo do rei”, “Tío Lobo“, “Os tres osos” e “Os sete cabritos”, publicados por KALANDRAKA, editora da que é co-fundador e director. A súa faceta literaria abrangue tamén a novela “Talego” (Xerais, Premio García Barros) e a tradución de obras como “Fernando Pessoa: selección poética” (Faktoría K, 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2015).

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: