Skip to content

EN FEBREIRO, MÁIS CONTOS TRADICIONAIS

Febreiro 2, 2017

"Os catro amigos": J. e W. Grimm & Gabriel Pacheco (Kalandraka).

Os catro amigos” será un dos contos tradicionais que centrarán a sesión de mañá venres en LIBROS PARA SOÑAR, estreando o novo programa de actividades de animación á lectura para este mes de febreiro. A partir das 18:30 horas, a familia formada por Xaime Rivas, Marga e Xoel participará nunha sesión de contacontos que vai destacar polo protagonismo da música.

Precisamente, “Os catro amigos” é a historia dos músicos de Bremen, recollida polos irmáns Grimm, sobre as aventuras dun galo, dun gato, dun can e dun asno. Trátase dun relato que anima a non decaer malia as dificultades, a procurar vías para sermos útiles na vida e a apoiarnos na forza da unión. Ilustrado polo mexicano Gabriel Pacheco, o libro destaca pola humanización dos personaxes, a sinxeleza das escenas e a suavidade da paleta cromática.

A programación continuará o vindeiro venres coa visita do director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que vén de publicar a súa adaptación de “Os tres porquiños”, ilustrada polo italiano Marco Somà. Súas son as imaxes que se expoñen este mes na libraría infantil do Casco Vello vigués.

Ademais deste conto tradicional inglés, non faltará “O coelliño branco”, un dos seus libros máis apreciados polo público infantil e mellor valorados pola crítica especializada, galardoado co 1º Premio Nacional de Ilustración 1999 polo traballo do galego Óscar Villán.

Trala festa de Entroido que vai dinamizar o grupo Pesdelán, impartindo un obradoiro de danzas o mundo o venres 17, o calendario de febreiro rematará coa sesión do día 24, arredor do conto “Tío Lobo” e dun postre tan tradicional como as chulas, que forman parte da trama dese relato.

Ademais, non faltarán as actividades quincenais para bebés de 0 a 3 anos: a primeira, o mércores 8, seguida dunha segunda sesión o día 24, ambas ás 17:30 horas, e con asistencia previa inscrición no enderezo de correo electrónico lps@kalandraka.com.

Por último, lembrar que LIBROS PARA SOÑAR continúa desenvolvendo actividades formativas para público adulto e xa ten programados dous cursos de contacontos que impartirá a actriz e narradora Beatriz Campos. O primeiro, no mes de marzo, será de iniciación; seguiralle un segundo curso de perfeccionamento. Como novidade, ambos realizaranse en datas coincidentes co fin de semana. Están dirixidos a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: