Skip to content

CONTOS TRADICIONAIS DE OSOS

Xaneiro 19, 2017

"Os tres osos", adaptación de Xosé Ballesteros e ilustracións de Miguel Tanco (KALANDRAKA).

Trala paréntese do Nadal, LIBROS PARA SOÑAR reanuda mañá venres a súa programación habitual de animación á lectura para público infantil, cunha sesión de contacontos a partir das 18:30 horas na que o fío condutor serán os contos tradicionais protagonizados por osos. Así, “Os tres osos”, adaptado por Xosé Ballesteros, ilustrado por Miguel Tanco e publicado por KALANDRAKA, formará parte do repertorio, que contará coa colaboración da mestra Iria Mantilla.

Os contos tradicionais seguirán sendo o fío condutor da derradeira sesión de xaneiro e continuarán tamén ocupando a axenda do próximo mes coa visita, o vindeiro 10 de febreiro, de Xosé Ballesteros, que presentará a súa obra máis recente: “Os tres porquiños”.

Precisamente, as ilustracións deste libro, realizadas polo italiano Marco Somà, expóñense na sala de sesións de LIBROS PARA SOÑAR. Son imaxes de tonalidades cálidas e cheas de detalles, tanto na arquitectura e na decoración dos espazos domésticos, como na expresividade dos personaxes.

CURSOS

Por outra banda, LIBROS PARA SOÑAR continúa desenvolvendo actividades formativas para público adulto e xa ten programados dous cursos de contacontos que impartirá a actriz e narradora Beatriz Campos. O primeiro, no mes de marzo, será de iniciación; seguiralle un segundo curso de perfeccionamento. Como novidade, ambos realizaranse en datas coincidentes co fin de semana. Están dirixidos a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Forma parte de compañías como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”, que recibiu unha mención no certame Bilbao Web Fest. Traballou en programas da TVG como “Na nosa nube” e actualmente en “Por algo será!”. Leva vinculada ao teatro dende a nenez, no grupo Migallas, co que representou diversas obras e participou en campañas infantís como “Á procura do tesouro” no Concello de Pontevedra, que aínda se mantén. Tamén pertenceu ao equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías e bibliotecas. Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia.

Curso de contacontos con Bea Campos.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: