Skip to content

MIGALLAS PRESENTA ‘CANTA CONNOSCO!’

Decembro 13, 2016

invitacion migallas.indd

Tras presentar “Canta connosco!” en Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense e Moaña, a compañía Migallas Teatro visitará LIBROS PARA SOÑAR (r/ Triunfo nº1, Vigo) este sábado ás 12:00 horas para compartir co público as cancións que conforman a edición especial 20º aniversario do que fora o seu primeiro traballo musical. María Campos e Carlos Yus estarán acompañados polo artista visual vigués José Miguel Sagüillo, que dirixiu os videoclips incluídos neste libro-cd-dvd.

Migallas creouse en 1992 pero foi catro anos despois cando se converteu nunha compañía profesional. Nese mesmo ano, María Campos e Carlos Yus gravaron o disco “Canta connosco!”, que daquela foi un fito na música infantil en galego. Dúas décadas despois, KALANDRAKA vén de recuperalo e convertelo nun libro-disco con ilustracións de Óscar Villán.

Será unha ocasión entrañable para que os rapaces e as rapazas -hoxe adultos- que medraron cantando e bailando cancións como “O libro máxico”, “O esqueleto” ou “Dime que fixeches”, rememoren aquel tempo. E tamén para que os nenos e as nenas de agora sigan cantando e bailando ao son de ritmos tan actuais  como o rock, o reggae, a cumbia ou as melodías tradicionais, cos alicientes do libro ilustrado, dos videoclips, dos karaokes e das animacións, que fomentan a interactividade da obra.

A ecoloxía, os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ás novas tecnoloxías, a importancia do uso do galego, o pracer da lectura ou a riqueza da nosa cultura tradicional son algúns contidos que se tratan nas cancións, en cuxa interpretación colaboraron Paco Dicenta, Xosé Manuel Budiño ou Suso Vaamonde, entre outras figuras destacadas da música galega.

“Canta connosco!” súmase ao libro-disco “Pan de millo”, que homenaxea a memoria dos maiores. Canda eses traballos, o disco “Zaragallada” da Banda Migallas, para público mozo e adulto, e o libro “Un avó especial”, sobre a doenza do Alzheimer, conforman a vizosa traxectoria de Migallas, á que se engade un amplo repertorio de espectáculos teatrais, contacontos, cursos e talleres de expresión dramática.

Polo seu labor e o seu compromiso a prol do impulso ao galego, Migallas recibiu neste 2016 o Premio Xoán Manuel Pintos, concedido polo Concello de Pontevedra e pola Rede Amiga da Lingua.

migallas20anos

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: