Skip to content

HOMENAXE A GLORIA FUERTES

Novembro 17, 2016
tags:

lps_poemasocaloca

A obra de Gloria Fuertes (Madrid, 1917-1998) será o fío condutor da sesión de animación á lectura de mañá venres a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo 1, Vigo), con motivo da publicación de “Poemas de La Oca Loca”. Este libro, editado por KALANDRAKA, reúne 25 composicións da poeta dos nenos, nunha selección a cargo dos especialistas Federico Martín Nebras e Antonio Rubio. Esta obra conserva os debuxos de Miguel Ángel Pacheco que xa ilustraban o poemario orixinal, que se remonta ao ano 1978.

“Cómo se dibuja una bruja”, “Cómo se dibuja una bicicleta”, “Cómo se dibuja una ballena” son algúns dos alegres e divertidos poemas de Gloria Fuertes, que facía do absurso, das repeticións e dos xogos de palabras unha ferramenta para divertir o público infantil. Na actividade deste venres recitaranse os seus versos e os asistentes debuxarán os personaxes que os protagonizan, seguindo as instruccións da propia autora.

img_20161024_172005

Gloria Fuertes, que foi galardoada cun diploma de Honra do Premio Internacional Hans Christian Andersen en 1975,  sostiña que “é importante que os nenos lean poesía, e máis que importante, necesario”. As súas obras forman parte da memoria colectiva de toda unha xeración de mozos e adultos -tamén a través da participación da poeta en programas de televisión como “La cometa blanca” e “Un globo, dos globos, tres globos”- e aínda teñen moito calado na infancia do século XXI.

Do laureado ilustrador Miguel Ángel Pacheco -Premio Nacional de Ilustración en 1980 e 1983, Premio Nacional de Literatura Xuvenil en 2001 e Premio Lazarillo en 1996- destaca igualmente o seu paso por programas tan emblemáticos como “La bola de cristal”, no que foi director de arte e creador da imaxe dos Electroduendes.

Animais, personaxes, oficios, paisaxes ou obxectos irán tomando forma no papel a través das mans dos rapaces, ao tempo que soan os singulares poemas de Gloria Fuertes, da que o ano próximo se cumprirá o centenario do seu nacemento.

lps2_poemasocaloca_nov16

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: