Skip to content

ANTONIS E IRIS, DENDE GRECIA A VIGO

Novembro 14, 2016

dsc_2095

Coincidindo co Día das Librarías, LIBROS PARA SOÑAR recibiu os autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra “Unha última carta”. Tras recibir o galardón na capital galega, Antonis e Iris mantiveron un concurrido encontro co público vigués.

dsc_2025

Por unha parte, Antonis leu o texto en grego mentres Sandra facía a lectura do libro en galego. Ademais, Iris amosounos como é posible debuxar algúns personaxes do libro convertendo os trazos das letras e das palabras na contorna das figuras. Tamén coñecemos un dos relatos de Antonis, publicado en Grecia e protagonizado por uns piratas antagónicos. Por primeira vez en LIBROS PARA SOÑAR, dúas linguas -o grego e o galego- compartían espazo e actuaban como ponte entre as culturas mediterránea e atlántica.

A sesión de contacontos completouse coa participación de Bea Campos contando outra historia na que as casiñas van conformando un pobo multicultural e diverso: “Bailar nas nubes“, de Vanina Starkoff, que foi finalista do III Premio Compostela.

dsc_2049

Para rematar, Iris dirixiu un interesante taller de plástica creativa baseado na técnica do collage, coa que realizou as ilustracións de “Unha última carta”. Pequenos e maiores converteron sobres postais en casiñas coas que -na parede da sala- foi medrando unha illa chea de rúas, edificacións, fiestras, portas, escaleiras…

dsc_2054

“Unha última carta” transporta o público ata unha pequena illa mediterránea onde un carteiro ponlle fin a máis de 50 anos de servizo nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga cos contrastes, Antonis Papatheodoulou faille unha emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas. As ilustracións -cunha luminosa paleta cromática- enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal, a base de sobres, selos e palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes.

Este IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado destaca pola súa harmonía e equilibrio, a capacidade para trasmitir tenrura e alegría á vez, ademais de poñer en valor un oficio que favorece a comunicación e as relacións entre persoas e comunidades.

dsc_2076

DSC_2078.JPG

Recén publicado por KALANDRAKA nas cinco linguas peninsulares, “Unha últuma carta” súmase xa aos anteriores proxectos distinguidos no certame: “Cerca”, “Un gran soño”, “A familia C”, “A viaxe de Olaf”, “Bandada”, “Mamá”, “Ícaro” e “Despois da chuvia”.

Antonis Papatheodoulou, que estuda Lingua e Cultura Española na Universidade Aberta de Grecia, publicou máis de 40 libros infantís no seu país. Iris Samartzi traballa como ilustradora de libros infantís e profesora de debuxo en Educación Primaria. Ambos recibiron varios premios, entre os que destacan o Premio Nacional Grego de Libro Ilustrado en 2012 por una obra de autoría conxunta.

dsc_2020

img-20161112-wa0000

Ata o Nadal, en LIBROS PARA SOÑAR, están expostas as ilustracións de “Unha última carta”.

Aquel día, o carteiro levaba tamén a súa propia nova: era a súa derradeira xornada de traballo antes de xubilarse, e debía dicirllo a todo o mundo. 

Pero… que raro! Ninguén agardaba por el nas casas, como era habitual dende había máis de cincuenta anos. Así que tivo que botar todas as cartas por debaixo das portas pechadas.

O seu derradeiro día de traballo non estaba a ser coma el imaxinara…

dsc_2082

DSC_2086.JPG

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: