Skip to content

OS AUTORES DE ‘GARAVANCIÑO’, NA VÉSPERA DO DÍA DA NAI

Abril 28, 2016

Presentación de "Garavanciño"

A mestra, adaptadora de contos e narradora Olalla González e o ilustrador e deseñador Marc Taeger serán os invitados da sesión especial de contacontos que, en vésperas do Día da Nai, vai celebrar LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres ás 18:30 horas. Nesta recta final do mes do libro e da lectura, Olalla González e Marc Taeger van presentar a súa adaptación do conto tradicional “Garavanciño”, cuxas ilustracións se expoñen na libraría.

De estrutura encadeada, ritmo acumulativo e moi arraigado na nosa cultura, a historia de “Garavanciño” enmárcase nun ambiente familiar e protector, propio do fogar. Co protagonista deste relato aprendemos que o seu pequeno tamaño non é sinónimo de debilidade, senón todo o contrario: transmite unha mensaxe positiva e de fortaleza ante as dificultades.

Ilustracións de "Garavanciño"

Olalla González e Marc Taeger ofrecerán unha sesión especial na que a voz vaise combinar co debuxo en directo. Mais non será o único conto, xa que os autores son artífices doutras publicacións para nenos e nenas: Olalla González tamén adaptou o conto tradicional “Chibos chibóns”; Marc Taeger ilustrou ademais “Elefante comellón”, “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Artur”, “A guía Necsia” e o libro-disco “Tic-tac”, publicados por KALANDRAKA.

Nacido en Berna e afincado la vila de Bueu, elabora proxectos de ilustración e deseño, ademais de impartir obradoiros de plástica creativa en LoboCoxo, un espazo aberto ao público infantil e ás familias, no que tamén traballa Olalla González impartindo charlas sobre animación á lectura e  sesións de contacontos.

Olalla González e Marc Taeger, en Libros para Soñar.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: