Skip to content

KIKO DA SILVA E XAIME RIVAS NO ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 25, 2016

16º Aniversario de Libros para Soñar

A sesión de contacontos na véspera do Día do Libro foi moi especial! Grazas ás nenas e aos nenos, ás mamás e aos papás, ás avoas e os avós… que nos axudastes a soprar as velas do aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. Un ano máis, a torta era unha homenaxe aos libros que nos acompañan no día a día… neste caso, LIMÓN, de Antonio Rubio e Óscar Villán.

16º Aniversario de Libros para Soñar

Tivemos como invitado especial o ilustrador Kiko Da Silva, autor de contos tan divertidos como “Moncho e a mancha“… Porque de manchas foi precisamente do que nos falou, facéndonos unha abraiante demostración de como, ata nos borróns, poden saír sorprendentes debuxos, agochados entre os trazos que se entrecruzan.

…Probade a súa técnica! Repetide cadrado-círculo-triángulo debuxando as figuras tan rápido como poidades, e logo abride ben os ollos porque, na maraña de liñas atoparedes formas agochadas que poderedes sacar á luz.

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

…Tamén as mamás e os papás están invitados a contar contos en LIBROS PARA SOÑAR.

16º Aniversario de Libros para Soñar

E a música non podía faltar! Visitábanos tamén o músico Xaime Rivas, acompañado de Marga e Xoel, cos que aprendemos unha cantiga de cego tradicional ben simpática. Así, a medida que cantabamos, ían sumándose elementos que transformaban a Xaime nun personaxe doutro tempo!

“Debaixo da figueira

da tía Xoldeirona

hai un pobre cego

cunha gorra vella…

cunhas lentes negras…

cunha barba branca…

cunha capa grande…”

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

E por fin chegou o momento de recibir con aplausos… a torta do aniversario de LIBROS PARA SOÑAR!

16º Aniversario de Libros para Soñar

…Sopramos? Á de unha, á de dúas e á de… tres! Felicidades, LIBROS PARA SOÑAR!

16º Aniversario de Libros para Soñar

Foi unha tarde deliciosamente doce, animadamente divertida. E algunha que outra lectora tivo a ocasión de incorporar “Moncho e a mancha” á súa biblioteca, coa sinatura de Kiko Da Silva, que sempre acompaña cada dedicatoria cun fantástico debuxo.

16º Aniversario de Libros para Soñar

16º Aniversario de Libros para Soñar

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: