Skip to content

CONTOS, MÚSICA E SORPRESAS NO 16º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 19, 2016

Este venres, festa dos 16 anos de Libros para Soñar

LIBROS PARA SOÑAR cumpre 16 anos neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración ao venres 22 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués -afincado en Pontevedra- Kiko Da Silva e do intérprete de zanfona Xaime Corral, profesor da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Contos e música centrarán o animado repertorio desta actividade gratuita, dirixida a público infantil e familiar.

Kiko Da Silva, ilustrador de obras como “Sar, Sarela e os monstros de Compostela” e “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, publicados por KALANDRAKA, tamén é autor do álbum titulado “Moncho e a mancha”, sobre un neno que quere ser pintor. Ademais de contar a súa historia, Kiko Da Silva debuxará os personaxes que protagonizan este divertido relato.

Director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración O Garaxe Hermético, Kiko Da Silva ten unha ampla traxectoria como debuxante, humorista gráfico e promotor de publicacións como as revistas BD-Banda e Retranca.

Será unha sesión de contacontos chea de sorpresas, na que non faltará a clásica torta de cumpreanos para que os nenos e as nenas axuden a soprar as velas do aniversario da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello.

LIBROS PARA SOÑAR culminará este mes do libro e da lectura o vindeiro venres 29 de abril, recibindo a narradora Olalla González e o artista plástico Marc Taeger, autores de “Garavanciño”, un conto tradicional adaptado cuxas ilustracións se expoñen actualmente na libraría.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: