Skip to content

ASÍ FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO INFANTIL E OS 18 ANOS DE KALANDRAKA

Abril 7, 2016

Este vindeiro 23 de abril -Día do Libro- LIBROS PARA SOÑAR celebrará o seu 16º aniversario e na libraría xa estamos preparando a festa que celebraremos na sesión de contacontos do venres 22, que virá chea de sorpresas.

…Pero este mes comezaba con outra data importante: o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil; unha data na que, ademais, a editorial KALANDRAKA cumpría 18 anos.

Estas dúas efemérides non podían pasar desapercibidas nunha xornada na que por fin LIBROS PARA SOÑAR reanudaba as súas habituais actividades de animación á lectura, logo dun tempo de ausencia motivada por obras de acondicionamento do local.

Que mellor momento para botar a vista atrás, lembrando algúns dos primeiros títulos publicados por KALANDRAKA: “Os tres porquiños”, “O coelliño branco“… E para Sandra, que mellor compañía para contar este conto que a da nosa amiga Iria, mestra e narradora, que tamén retoma as súas visitas periódicas á libraría.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Sen deixar os contos tradicionais, Carmela elixiu “Chibos chibóns” para levarnos ata unha ponte que gardaba un ogro terrible. Os protagonistas desta historia fórona cruzando: “patín, patín, patín”, facía o máis pequeno coas súas patiñas; “patán, patán, patán”, soaba o mediano; “patón, patón, patón”, retumbaba o máis grande dos tres…

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

E dos contos tradicionais, a un clásico da Literatura Infantil: “OH!“, de Josse Goffin, un dos libros preferidos de Iria. Porque se Magritte facía un cadro titulado “Isto non é unha pipa”, nesta obra visual de páxinas despregables descubrimos que unha man non sempre é unha man. Ás veces pode ser… Oooooohhhh…!!!

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

100_4990

E rematamos a sesión de contacontos cunha sorpresa para os máis pequenos. Lendo sen ler letras; lendo a través das imaxes. Porque eis a vantaxe dos libros para pre-lectores da colección “Do berce á lúa“! Entre os novos volumes desta serie está “Limón“.

Limón, limón, limón

Limón ¡sorpresa!

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

…Para sorpresa a que levaron os afortunados no sorteo organizado nesta sesión especial polo retorno das sesións de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, polo cumpreanos de KALANDRAKA e pola celebración do Día do Libro Infantil.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka. Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka. Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Ao longo deste mes de abril, LIBROS PARA SOÑAR vai restablecer a súa axenda de actividades: as sesións de contacontos dos venres a partir das 18:30 horas, as sesións quincenais de contacontos para bebés en mércores alternos ás 17:30 horas, as exposicións de ilustración, os cursos de formación, os encontros con autores e ilustradores…

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

18 anos de KALANDRAKA, pódese ler nun dos escaparates de LIBROS PARA SOÑAR. Moitos lectores e lectoras foron medrando ao abeiro dos contos tradicionais, dos clásicos da LIX, das obras de creación dos escritores e dos ilustradores que saían desta fábrica de mundos de papel cheos de fantasía… Moitos libros de arte, de poesía, de ciencia foron incorporándose a un catálogo plurilingüe… Moitas aventuras e novas propostas de lectura están por chegar. Dende 1998 ao 2016, e moito máis aló!

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

Día da LIX e 18º cumpreanos de Kalandraka.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: