Skip to content

FERNÁNDEZ & GONZÁLEZ PRESENTARON “BALEA”

Decembro 21, 2015

100_4194

Fernández & González visitaron LIBROS PARA SOÑAR para presentar “Balea“, publicado por KALANDRAKA. Máis dun cento de historias atópanse neste libro despregable visual: imaxina, xoga… Que din os peculiares habitantes deste cetáceo mecánico? Como interactúan entre eles? En que traballan? A que dedican o seu tempo de lecer?

100_4196

Pequenos e grandes celebraron cun gran recibimento a chegada de Fernández & González a LIBROS PARA SOÑAR, logo da súa misión científica á máquina Balea.

100_4204

…Menos mal que os invitados axiña activaron o tradutor simultáneo, porque no idioma dos operarios da “Balea” non se lles entendía nada de nada! Meeec… Iiiiiooooouuuuuh! Bbbbrrrrrooooaaaaam!

100_4207

Unha vez resoltos os problemas de comunicación, xa estamos listos para coñecer algúns dos abraiantes trebellos que se atopan no interior da Balea. Sabedes o que é un tele-tipo? Tedes que atopalo nun dos seus numerosos compartimentos!

100_4209

Entre eses aparellos sonoros cos que Fernández&González viñan equipados, algúns emiten sons tan relaxantes que aos protagonistas deste divertido encontro deulles por facer meditación. É o que ten vivir na tranquilidade do fondo do mar!

100_4216

Con Fernández&González aprendemos a xogar ás estatuas: música, movemento e… STOP! Con este e outros entretementos pasan o seu tempo de lecer na Balea, ademais de cultivar unha horta, facer exercicio no ximnasio ou tocar instrumentos musicais.

100_4221

González ambientou a velada cunhas melodías moi antigas que bailaban antano os maiores. Sóanvos os discos de vinilo?

100_4219

…E mentres soaba a música, Fernández preparaba un mural.

100_4222

…Un mural no que os protagonistas son os mesmísimos habitantes da Balea. Con que técnica gráfica? Cunha plantilla e cunha esponxa enchoupada en color que se vai aplicando sobre o papel.

100_4226.JPG

González coloreaba a continuación os personaxes creados por Fernández. Así foi o proceso creativo da “Balea” publicada por KALANDRAKA para que pequenos e maiores poidamos coñecer agora a vida neste espectacular mecanismo mariño.

100_4225

Fernández & González, uns artistas/enxeñeiros que practican o traballo en equipo, seguindo a filosofía de solidariedade, colaboración e amizade que practivan os habitantes da Balea.

100_4247

E trala presentación, chegou o momento de dedicar exemplares da “Balea”.

100_4251.JPG

A “Balea” está chamada a chegar a todos os fogares da cidade, a cruzar as fronteiras terrestres e a viaxar por todos os mares e océanos do mundo.

100_4254

Para Inés, para Carlos, para… que ninguén quede sen a súa “Balea”.

100_4256

Ata que regresen a LIBROS PARA SOÑAR, Fernández & González seguen ideando historias para activar o noso maxín. A próxima parada na súa viaxe será nos camarotes de “El Halcón Milenario“. Tanto lles gusta Vigo que decidiron aceptar unha invitación de dous dos promotores deste espazo artístico, Federico Fernández e Germán González, para contarlle ao público como foi o proceso creativo deste traballo tan orixinal e expoñer bosquexos desta complexa creación da enxeñería moderna.

100_4266

…Pero desa próxima escala, xa haberá noticias no seu momento.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: