Skip to content

FERNÁNDEZ & GONZÁLEZ PRESENTAN ‘BALEA’

Decembro 18, 2015
tags:

Balea_nov15

Os ilustradores vigueses Federico Fernández e Germán González acudirán ás 6 e media desta tarde á libraría LIBROS PARA SOÑAR para presentar a súa primeira obra conxunta, titulada “Balea” e publicada por KALANDRAKA. Trátase dun libro despregable e sen texto que, dun lado, presenta a figura dun cetáceo mecánico sumerxido no mar mentres que, dándolle a volta, aparece o interior da máquina, dividida en numerosos compartimentos nos que uns personaxes ataviados de amarelo desempeñan diversas funcións: manexar os mandos da máquina, realizar tarefas de mantemento e reparacións, lavar a roupa, cultivar unha horta, facer ximnasia, tocar instrumentos musicais…

Con esta proposta dirixida a público de todas as idades trátase de estimular a creatividade dos lectores, para que imaxinen que acontece en cada estancia da balea e como interactúan os seus habitantes. Máis dun cento de posibles historias atópanse nesta orixinal publicación.

DSC_0015

Ataviados con traxes amarelos como os personaxes do libro, Federico Fernández e Germán González protagonizarán esta tarde un divertido espectáculo de sons e música, mímica e debuxo, xa que van elaborar un mural en directo. Ademais, durante este mes de decembro, a sala de exposicións de LIBROS PARA SOÑAR acollerá unha proxección de imaxes sobre o proceso de creación deste proxecto, dende os bosquexos iniciais ata a composición definitiva do libro, con formato acordeón.

Licenciados en Belas Artes pola Universidade de Vigo, os autores dedícanse á docencia: Federico Fernández -que gañou o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 pola obra “Onde perdeu Lúa a risa?”, editada por KALANDRAKA-  é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, mentres que Germán González imparte clases de plástica e debuxo en centros educativos de Vigo e Ponteareas. Ambos forman parte do equipo de promotores do espazo artístico El Halcón Milenario.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: