Skip to content

PROGRAMACIÓN DE DECEMBRO EN LIBROS PARA SOÑAR

Decembro 4, 2015

programa DECEMBRO

Imos cazar un oso”, un clásico da literatura infantil de Michael Rosen e Helen Oxenbury, é a obra na que se inspira a sesión de contacontos desta tarde de venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR.

"Imos cazar un oso", de Michael Rosen e Helen Oxenbury (Kalandraka).

A partir deste relato, a actriz María Costa, do grupo Malvamos Teatro, e a intérprete de lingua de signos Aránzazu Casas, de AZ Lengua de Signos, representarán unha versión moi especial da obra, co título “Imos buscar un abeto”, na que lingua de signos e lingua oral se mesturan simultaneamente.

ImosBuscarUnAbeto.jpg

Non é a primera vez que LIBROS PARA SOÑAR organiza contacontos signados, co obxectivo de contribuír á integración na sociedade das persoas con discapacidade auditiva. Nestas actividades biblingües, en lingua oral e lingua de signos, o público infantil e adulto ten a posibilidade de aprender palabras neste código para poder comunicarse coas persoas xordas.

Por outra parte, o mércores día 9, ás 17:30 horas, será a quenda dos contacontos para bebés, de 0 a 3 anos. A narradora Beatriz Campos e o músico David González conducirán esta sesión na que primarán a palabra oral, a música e as cancións. As persoas interesadas en participar cos seus nenos e nenas deberán inscribirse a partir do luns 7 enviando unha mensaxe a lps@kalandraka.com.

HOMENAXE A NEIRA VILAS

portada.fh11

Ademais, o venres 11 ás 18:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR acollerá unha homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, recentemente falecido. Os participantes serán o artista plástico Leandro Lamas, que ilustrou a nova edición das “Cantarolas” de Xosé Neira Vilas e da súa muller Anisia Miranda, publicada por KALANDRAKA. Canda el, o músico Paco Nogueiras, que converteu en cancións varios poemas deste libro. Leandro Lamas e Paco Nogueiras compartirán co público as súas respectivas experiencias profesionais co admirado autor, ao que visitaron na súa casa de Gres, en Vila de Cruces.

Para nenos e nenas a partir de 3 anos haberá unha actividade musical o mércores 16, a partir das 18:00 horas, coa profesora Susa Herrera como protagonista, que presentará o seu libro-disco “En Cabárceno se oye cantar (II)”.

Sin título-1

A última actividade deste mes, antes das vacacións de Nadal, será o venres 18, ás 18:30 horas, cos artistas vigueses Federico Fernández e Germán González como invitados. Presentarán un libro despregable titulado “Balea”, que se dará a coñecer por primera vez este domingo ás 18:00 horas en Pontevedra no marco da Feira das Industrias Culturais Culturgal.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: