Skip to content

TALLER DE ARTE EN LIBROS PARA SOÑAR

Novembro 26, 2015

LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión de mañá venres, a partir das 18:30 horas, a contar relatos relacionados coa arte. “O artista que pintou un cabalo azul”, de Eric Carle, e “O soño de Matías”, de Leo Lionni, publicados por KALANDRAKA, serán dous dos títulos destacados. Os seus autores son prestixiosos artistas plásticos que enfocaron o seu talento á literatura infantil e xuvenil, tanto como autores dos textos como das imaxes dos seus libros.

O artista que pintou un cabalo azul

O neoiorquino Eric Carle é autor de máis de 70 álbums, cunha traxectoria que se remonta a finais dos anos 60. Traballara nunha axencia de publicidade e na prensa escrita antes de dedicarse á creación de libros, un labor polo que recibiu importantes premios internacionais. “O artista que pintou un cabalo azul” -homenaxe ao pintor alemán Franz Marc (1880-1916), precursor do expresionismo- ten un trasfondo autobiográfico: Eric Carle retrátase como un ilustrador que non se cingue estrictamente á realidade, mostrándose orgulloso de practicar un estilo característico que o distingue.

O soño de Matías

En “O soño de Matías”, Leo Lionni presentou unha proposta baseada na primeira visita a un museo, facendo un percorrido por diferentes estilos artísticos, dende o clasicismo dos retratos históricos e os bodegóns, ata as vangardas pictóricas como o impresionismo, o cubismo ou o surrealismo. Leo Lionni, que foi premiado en 1984 coa Medalla de Ouro do Instituto Americano de Artes Gráficas, comezou a facer libros infantís a finais dos anos 50 e a súa produción sumou máis de 40 títulos aclamados en todo o mundo pola crítica especializada.

gorigori portadaok.fh11

A actividade rematará invitando os nenos e nenas a colorear o “Senecio” de Paul Klee, que está na portada de “Gorigori”, un poemario de María Jesús Jabato galardoado co Premio Internacional Ciudad de Orihuela 2013 de Poesía para Nenos e publicado por Faktoría K.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: