Skip to content

TALLER PARA NAIS E PAIS SOBRE AS EMOCIÓNS, ESTE VENRES CON XULIA FERNÁNDEZ

Novembro 16, 2015

Xulia Fernández impartirá un taller en Libros para Soñar

A habitual sesión de animación á lectura dos venres na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués modificarase esta semana para acoller unha actividade dirixida especificamente a nais e a pais, así como a público adulto en xeral. A mestra Xulia Fernández impartirá un obradoiro a partir das 18:30 horas, co lema “Emocionándonos”.

Trátase dunha charla sobre como traballar as emocións cos nenos e coas nenas. Para elo, segundo esta experta, cómpre que as nais e os pais realicen a súa propia “regulación” emocional. A través dunha presentación con diapositivas e da proposta de varios exercicios prácticos, Xulia Fernández falará de sentimentos e de estados de ánimo como o medo, a tristura, a ira; de como controlar os pensamentos negativos para mellorar a actitude propia; de como fomentar a ledicia e o benestar persoal.

O obxectivo desta sesión especial será trasladarlle ao público a importancia da xestión das emocións, sensibilizar sobre a importancia de educar a intelixencia emocional, achegando algunhas receitas para cambiar actitudes erradas e redundando así nun correcto enfoque da vida cotiá, coas súas circunstancias tanto positivas como adversas.

Xulia Fernández Rodríguez posúe unha ampla experiencia docente, tanto en centros de ensino público como con nenos e nenas hospitalizados. Ten recibido varios premios de innovación polos seus proxectos educativos, que tamén se teñen abordado en cursos, xornadas e congresos profesionais. Un deses traballos sobre a arte e as emocións recibiu o Premio Crearte do Ministerio de Educación. Ademais, ten publicado numerosos artigos en revistas especializadas. É autora do libro “Pequenas historias: para falar de emocións e sentimentos”, publicado por Galaxia.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: