Skip to content

PRESENTACIÓN DE ‘CADROS DUNHA EXPOSICIÓN’

Novembro 12, 2015

José Antonio Abad e Xosé Cobas

O escritor José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, autores de “Cadros dunha exposición”, presentarán este libro-disco publicado por KALANDRAKA mañá venres ás 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. Trátase do terceiro título da colección Música Clásica, dedicado ao compositor ruso Modest Mussorgsky, que pertencera ao grupo Os Cinco. Ademais, as ilustracións do libro permanecen expostas na libraría ao longo deste mes de novembro.

“Cadros dunha exposición” guía os lectores polo Museo de San Petersburgo contemplando as pinturas do artista Viktor Hartmann. Durante o percorrido literario e visual, tamén é posible escoitar fragmentos da suite creada por Mussorgsky en memoria do seu amigo, interpretada pola Filarmónica de Nova York baixo a dirección de Giuseppe Sinopoli.

Fantasía e realidade danse a man no relato de José Antonio Abad, que invita a espertar a curiosidade e a imaxinación.

Con trazos delicados e cores suaves, Xosé Cobas acompaña os textos e as melodías con imaxes sutís e elegantes, procurando que os lenzos tomen vida e facendo da visita ao museo unha experiencia inesquecible para os sentidos. Destacan o coidado detallismo nas representacións arquitectónicas do espazo museístico e os elaborados xogos de luz.

Recreando os cadros orixinais, o ilustrador introduce os lectores na propia dimensión pictórica das obras. Entre lenzo e lenzo, a modo de transición ou paseo, preséntase unha abstracción artística que reflicte o sentimento da música, como unha sinfonía cromática, en liña coa musical. A influencia  do pintor Fernando Zóbel e as referencias ao movemento romántico están presentes na fermosa proposta estética de Cobas.

José Antonio Abad Varela (A Coruña, 1940) é psicólogo, pedagogo e especialista en proxectos educativos. Dirixiu o Departamento de Divulgación da Música na Orquestra Sinfónica de Galicia. Organizou o Programa Municipal Descubrir a música do Concello de A Coruña, os Domingos con música do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, e concertos didácticos en varias cidades.

Xosé Cobas (Logrosa-Negreira, 1953) comezou a ilustrar na prensa diaria. A finais dos 80 inclinouse pola ilustración de libros infantís e xuvenís, sumando máis dun cento de títulos. Traballa como deseñador gráfico na Deputación da Coruña. A súa obra expúxose en galerías de España, Europa e Latinoamérica. Recibiu os premios Gourmand World Cookbook, Fetén, Díaz Pardo e Neira Vilas, e foi seleccionado na lista The White Ravens.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: