Skip to content

MIGUEL CERRO PRESENTOUNOS ‘DESPOIS DA CHUVIA’, VIII PREMIO COMPOSTELA

Novembro 6, 2015

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Que sesión de contacontos tan especial, a de hoxe!

Visitounos nin máis nin menos que o ilustrador galardoado este ano co VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado: Miguel Cerro presentounos o seu libro, “Despois da chuvia“, debuxounos un precioso mural e nós agasallámolo contando o seu relato preferido, “Onde viven os monstros“, de Maurice Sendak.

Tamén completamos a sesión de contacontos lembrando a historia de “Frederick“, de Leo Lionni, e “Imos cazar un oso“, de Michael Rosen e Helen Oxenbury. Porque ratiños e osos tamén viven no bosque creado por Miguel Cerro, canda un pequeno raposo que durante unha tempada mudouse ao escaparate de LIBROS PARA SOÑAR…

…E para que a xornada fose redonda, rematamos cun obradoiro de plástica pintando e recortando o personaxe protagonista desta fermosa historia. Para que todos os nenos e as nenas poidan levar para a súa casa un pequeno raposo como o que habita nas páxinas desta obra publicada por KALANDRAKA nas cinco linguas peninsulares.

Moitas grazas, Miguel, parabéns! E moitas grazas á súa compañeira, Sara, por emocionarnos contando “Despois da chuvia“!

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

Miguel Cerro en Libros para Soñar.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: