Skip to content

ESTE VENRES VISÍTANOS MIGUEL CERRO, O GAÑADOR DO VIII PREMIO COMPOSTELA

Novembro 4, 2015

"Despois da chuvia", de Miguel Cerro (Kalandraka).

O ilustrador cordobés Miguel Cerro será o invitado especial da libraría LIBROS PARA SOÑAR na sesión de contacontos deste venres, a partir das 18:30 horas. Miguel Cerro foi o gañador do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado -que se entregará mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago- coa obra titulada “Despois da chuvia”, que KALANDRAKA vén de publicar en todas as linguas peninsulares.

“Despois da chuvia” é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Conta a historia dun diluvio que obriga os habitantes dun bosque a saír adiante nun improvisado refuxio. Entre os personades deste relato destaca un entrañable raposo que se enfrontará á desconfianza inicial dos seus compañeiros.

Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.

Técnico superior en Deseño Gráfico, Miguel Cerro dedícase profesionalmente á ilustración e ao deseño gráfico dende 2008. Realizou numerosos traballos de deseño, publicidade e ilustración, especializándose en carteles e libros ilustrados. Como autor ou ilustrador publicou máis dunha ducia de obras, algunhas das cales recibiron premios e mencións en diversos concursos. Foi seleccionado para a Bienal de Bratislava 2015 e para o Catálogo Iberoamericano de Ilustración 2013. Ademais, participou en exposicións realizadas en Madrid e Andalucía.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: