Skip to content

CONTACONTOS PARA BEBÉS

Outubro 27, 2015

Paxariña de papel“, un dos títulos da colección Do berce á lúa para pre-lectores, de Antonio Rubio e Óscar Villán, formará parte do repertorio da sesión especial de contacontos para bebés que se vai celebrar mañá mércores, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR.

Os paxaros, e en especial os pitiños, van ser os protagonistas desta actividade dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, acompañados dunha persoa adulta. Así, os contos alternarán coas cancións para que o estímulo e o beneficio da lectura sexa máis completo, non só a través da sonoridade das palabras e do colorido das ilustracións, senón a través do ritmo das melodías.

"O poliño da abeleira", de Antonio Rubio e Gabriel Pacheco (Kalandraka).

O conto tradicional “O poliño da abeleira“, adaptado por Antonio Rubio e ilustrado por Gabriel Pacheco, e “Onde está o poliño de Rosalía?“, de Pat Hutchins, no que predomina o peso das imaxes sobre o texto, completarán a sesión.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: