Skip to content

COMEZA A NOVA TEMPADA DE ACTIVIDADES INFANTÍS

Outubro 8, 2015

Programa de actividades en LIBROS PARA SOÑAR para outubro

LIBROS PARA SOÑAR vai inaugurar mañá a nova tempada de actividades cunha sesión de contacontos para público infantil e familiar na que, a partir das 18:30h, se presentará o álbum “A escada vermella”, do ilustrador Fernando Pérez Hernando. Trátase dunha fábula moderna protagonizada por un paxaro e un coello na que subxacen cuestións como a autoconfianza necesaria para acadar os obxectivos.

Durante este mes, as ilustracións deste libro ocupan a sala de exposicións da libraría infantil do Casco Vello. Son imaxes nas que destaca o colorido e a sinxeleza dos debuxos, que transmiten o sentido do humor que está presente no propio relato. O seu autor, Fernando Pérez Hernando, estudou na Escola de Artes Aplicadas e Deseño de Valladolid e traballa como deseñador e ilustrador, sendo “A escada vermella” o seu segundo libro infantil.

"A escada vermella", de Fernando Pérez Hernando

SESIÓNS PARA BEBÉS

Por outra parte, LIBROS PARA SOÑAR retomará as sesións de contos para bebés de seis meses a tres anos de idade. A primeira actividade, co lema “Contos de coellos e outros animaliños da granxa”, realizarase o mércores 14 ás 17:30 horas. Estas sesións especiais terán periodicidade quincenal: a seguinte celebrarase o mércores 28, co título “Contos para pitos e poliños”.

En próximos venres, as sesións de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos estarán dedicadas aos coellos e os paxaros, que son os animais que protagonizan “A escada vermella”. A última actividade deste mes de outubro, programada para o venres día 30, rematará cun obradoiro de plástica creativa.

CURSO DE CONTACONTOS

Ademais, esta semana a actriz e narradora Beatriz Campos impartiu un curso de contacontos para adultos; hoxe remata a última sesión, de 18:00 a 21:00 horas. Haberá unha próxima quenda os días 16, 17, 18 e 19 de novembro en horario de 10:30 a 13:30 horas. O prezo da actividade formativa é de 40 euros e as personas interesadas en inscribirse poden dirixirse a LIBROS PARA SOÑAR no enderezo electrónico lps@kalandraka.com ou no teléfono 986 43 37 68.

Escaparate dedicado a "A escada vermella" Escaparate dedicado a "A escada vermella"

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: