Skip to content

OBRADOIRO INFANTIL IMPARTIDO POR RAMÓN TRIGO

Xuño 24, 2015

Obradoiro infantil impartido por Ramón Trigo.

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un libro”. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda que leven preparada da casa.

Partindo de obras da súa autoría, como “O pirata Pata de Lata“, ilustrada por Ramón Trigo e publicada por KALANDRAKA, os nenos e nenas farán un achegamento ao proceso de creación dun libro impreso: a concreción dunha idea, a estrutura do relato, os bosquexos das ilustracións, a redacción da historia e o debuxo das imaxes que acompañan o texto. Ao remate do obradoiro, os nenos e nenas poderán levar o seu traballo encadernado, como se dun libro propio se tratara, para compartilo coa familia e cos amigos.

A actividade ten por obxectivo estimular a súa imaxinación, que se manteñan activos tamén durante as vacacións estivais, e que desenvolvan as súas habilidades literarias e plásticas, ao tempo que as nais e os pais teñen unha axuda para poder conciliar a vida laboral e familiar.

Ademais de autor e ilustrador, Ramón Trigo ten experiencia impartindo obradoiros para público infantil e adulto. De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística en xornais e revistas especializadas en banda deseñada. As súas primeiras obras pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias editoriais -algúns incluídos na selección The White Ravens- e realiza exposicións cos seus cadros e esculturas. A súa obra presentouse en países como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Entre as distincións que recibiu destacan o Premio Arte Xove Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alicante e Cabildo de Gran Canaria. O seu libro máis recente, “Leviatán“, publicado no selo Faktoría K, gañou o Premio Lazarillo 2012 e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2015 outorgado pola Asociación Galega de Editores.

O obradoiro ten un custe de 30 euros polos tres días e as prazas son limitadas. As inscricións pódense formalizar en LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo 1, Vigo) por teléfono no número 986 43 37 68 ou por correo electrónico no enderezo lps@kalandraka.com.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: