Skip to content

CONTOS SIGNADOS POLA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS XORDAS

Maio 21, 2015

Contos signados en LIBROS PARA SOÑAR.

[Sesión de contos en lingua de signos realizada en 2013]

“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que leva investigando neste ámbito dende 1997. Canda elas, participarán tamén as signantes Alba Puentes e Ruth Lamas, que tamén forman parte desta iniciativa académica.

As invitadas nesta actividade ofrecerán unha presentación inicial sobre a lingua de signos e explicarán a importancia de incorporar ao sistema educativo o ensino desta lingua para favorecer a integración na sociedade das personas con discapacidade auditiva. Neste sentido, o GRILES colabora cos colexios públicos Escultor Acuña de Vigo -centro de referencia na educación de xordos en Vigo- e Reboreda de Redondela, na implantación do Portafolio Europeo das Linguas en Educación Infantil.

Non é a primera vez que LIBROS PARA SOÑAR organiza sesións bilingües, en lingua oral e lingua signada. Ademais de contar varios contos en lingua de signos, os nenos e nenas que acudan á sesión, coas súas nais e pais, poderán aprender algunhas palabras neste código para comezar a comunicarse coas persoas xordas.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: