Skip to content

AUTORES E OBRAS EN GALEGO, EN VÉSPERAS DAS NOSAS LETRAS

Maio 11, 2015

Ramón Trigo, en Libros para Soñar.

LIBROS PARA SOÑAR anticipouse á celebración do Día das Letras Galegas cunha sesión de contos, música e arte á que se sumaron moitos invitados. “As nosas letras, os nosos contos” foi o lema desta actividade tan concorrida de público infantil e adulto.

Sandra deulle a benvida ao artista vigués Ramón Trigo, con quen lembramos un dos primeiros libros que ilustrou, titulado “Manu”, que veu a luz en 2001 no catálogo de KALANDRAKA. As paredes da sala de exposicións estaban cubertas de papel para que Ramón puidera debuxar o personaxe desta historia, ante a mirada atónita dos rapaces e rapazas, que habitualmente non teñen a posibilidade de asistir a unha demostración artística en directo.

Ramón Trigo, en Libros para Soñar.

Logo deste comezo tan especial, foi a quenda de Iria e de Xaime: ela narrando “Paco“, el acompañando o conto coa zanfona. Escrito por Paula Carballeira e ilustrado por Blanca Barrio, trata sobre un ratiño que quixo ir á lúa para comprobar se, como el pensaba, sabía a queixo fresco.

Xaime acompañou coa zanfona a Iria, contando "Paco".

Xaime acompañou coa zanfona a Iria, contando "Paco".

Xaime acompañou coa zanfona a Iria, contando "Paco".

E dos contos de creación, aos contos tradicionais, como “Chibos chibóns“, ilustrado polo tamén vigués Federico Fernández. Pasámolo moi ben con Carmela, acompañando os tres protagonistas nas súas argalladas para enganar o ogro que non lles deixaba cruzar a ponte para ir comer herba…

Con Carmela escoitamos a historia dos "Chibos chibóns".

Tampouco podía faltar a poesía nunha sesión dedicada ás Letras Galegas. Manuela Rodríguez elixiu a obra da profesora Gloria Sánchez para contaxiarnos co ritmo dos seus versos.

Recordando a obra poética de Gloria Sánchez, con Manuela Rodríguez.ev

Un dos contos preferidos dos nenos e das nenas asiduos de LIBROS PARA SOÑAR é “O coelliño branco“. Aproveitando que o seu autor, Xosé Ballesteros, tamén visitaba a libraría, pedímoslle que nos volvera contar, unha vez máis, a historia deste entrañable personaxe da literatura oral que foi á horta para coller unhas coles coas que facer un caldiño e de volta na casa levou unha desagradable sorpresa…

"O coelliño branco", con Xosé Ballesteros.

Pequenos e maiores, moi atentos.

"O coelliño branco", con Xosé Ballesteros.

Rematamos a sesión como a comezaramos, con Ramón Trigo debuxando. “O pirata Pata de Lata“, escrito por Oli, é outro dos libros máis queridos e admirados polos lectores de LIBROS PARA SOÑAR.

"O pirata Pata de Lata", narrado por Sandra e ilustrado por Ramón Trigo.

Un pirata, unha illa con forma de balea, un faro… os debuxos ían xurdindo da man de Ramón Trigo coa destreza dun mago. O papel en branco ía enchéndose de liñas e de cores. Só faltaba que os protagonistas do mural desen un chimpo dende a superficie lisa na que foran trazados para pórse no medio e medio da libraría, xogando cos nenos e coas nenas.

"O coelliño branco", con Xosé Ballesteros.

Pequenos e maiores, moi atentos.

"O pirata Pata de Lata", narrado por Sandra e ilustrado por Ramón Trigo.

Ramón Trigo ilustrou "O pirata Pata de Lata".

E nunha tarde chea de sorpresas, outra experiencia excepcional para o público miúdo da libraría, cando un equipo de reporteiros do programa Boas Tardes da TVG que se atopaban en LIBROS PARA SOÑAR, conectaron en directo co plató para entrevistar a Ramón Trigo e contar todo o que estivera acontecendo nesa tarde especial de contos, música e arte dedicados ás nosas letras.

Ramón Trigo, entrevistado para o programa Boas Tardes da TVG.

[Premendo nas imaxes que seguen, enlázase co podcast do programa. A conexión con LIBROS PARA SOÑAR está no minuto 1:18:05 ata o 1:21:25]

LPS-TVG4_mai15

LPS-TVG3_mai15

LPS-TVG2_mai15

LPS-TVG1_mai15

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: