Skip to content

OLI PRESENTA ‘OS RATOS DA CASA’

Abril 15, 2015

"Os ratos da casa", no escaparate de LIBROS PARA SOÑAR.

 

Os ratos da casa” é o novo libro infantil do profesor e escritor de Cangas Xosé Manuel González Oli, que se presentará este venres ás 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR, nunha sesión de contacontos na que o autor contará este e outros relatos da súa autoría.

 

"Os ratos da casa", de Oli e Natalia Colombo, no escaparate de Libros para Soñar.

“Os ratos da casa”, no escaparate de LIBROS PARA SOÑAR

 

Ilustrado pola arxentina Natalia Colombo, gañadora do I Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, “Os ratos da casa” trata sobre unha familia de intrépidos roedores que viaxan dende a montaña ata unha casa, onde son descubertos pola familia que habita nela.

 

Ratones de Casa from Recuerdo Registrado on Vimeo.

 

Encadeando as accións dos personaxes e os elementos da trama, e utilizando a rima, Oli proponlles aos lectores unha viaxe na que o autor explora novas formas de contar unha historia. Cun ton poético e humorístico, os ousados ratos que protagonizan este conto acaban levando un bo sobresalto cando aparece en escena un inoportuno animal que os delata.

 

"Os ratos da casa", de Oli e Natalia Colombo, no escaparate de Libros para Soñar.

 

As ilustracións de Natalia Colombo destacan pola riqueza cromática, a utilización de ceras e lapis de cores, e a representación dos espazos domésticos, onde os lectores atopan graciosas chiscadelas ao cotiá.

 

Oli é mestre de Primaria, tradutor, escritor e especialista en literatura infantil e xuvenil. Tamén é co-director da colección Seteleguas de KALANDRAKA, editorial na que publicou “Once damas atrevidas”, “O pirata pata de lata” e “Artur” (no selo Faktoría K). Ademais, foi responsable das páxinas de literatura infantil da Revista Galega de Educación.

 

"Os ratos da casa", de Oli e Natalia Colombo, no escaparate de Libros para Soñar.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: