Skip to content

EN ABRIL, NOVO CURSO DE CONTACONTOS

Marzo 27, 2015
tags:

Curso de contacontos con Bea Campos.

Tralo éxito das sesións formativas realizadas en marzo e ante a demanda acumulada, a actriz e narradora Beatriz Campos vai impartir un novo curso de contacontos para adultos neste vindeiro mes. Celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de abril de 17:00 a 20:00 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

As clases vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación teórica dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Curso de contacontos con Bea Campos.

Tamén se abordará como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público. Nesta fase atenderase especialmente á recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como ao legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, vanse practicar técnicas para aprender a contar. Ao remate das clases, os participantes no curso participarán nunha sesión real de contacontos para exercitar as estratexias narrativas e os coñecementos adquiridos.

Curso de contacontos con Bea Campos.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Forma parte de compañías de teatro como Triatreros, artífices da webserie “Dálle Jas!”. Ten participado en programas da TVG como “Na nosa nube”. A súa vinculación co teatro xa se remontaba á infancia, na compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que aínda se realiza no concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- imparte as sesións para bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 40 euros.

Curso de contacontos con Bea Campos.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: