Skip to content

PACO NOGUEIRAS E ‘BRINCA VAI!’, NA AXENDA DE FEBREIRO

Febreiro 6, 2015

Programa de FEBREIRO 2015 en Libros para Soñar.

A MÚSICA DE PACO NOGUEIRAS E AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO EN LIBROS PARA SOÑAR

O músico Paco Nogueiras actuará o vindeiro venres 13 de febreiro, con motivo da festa do Entroido, na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. “O Entroido move o corpo” é o lema desta actividade e o título dunha das cancións do seu libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais dirixidos polo artista visual José Miguel Sagüillo.

As composicións de “Brinca Vai!” son o fío condutor da programación de LIBROS PARA SOÑAR durante todo este mes de febreiro. Hoxe venres, ás 18:30 horas, será a primeira sesión, titulada “Cos pés na terra” e dedicada á natureza. No repertorio non faltarán contos como “Xaime e as landras”, de Tim Bowley e Inés Vilpi, ou o clásico de Gianni RodariQue fai falta?”, ilustrado por Silvia Bonanni. As narradoras serán a libreira Sandra Senra, a mestra Iria Mantilla e a ecuatoriana María Mercedes Chavarría, alumna do Master de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Santiago.

Tralo concerto de Paco Nogueiras, a próxima sesión será o venres día 20, dedicada aos contos sobre a amizade, a partir da canción “Apertas que voan”, de “Brinca Vai!”. O broche final desta axenda será o venres 27, que vai xirar arredor do tema titulado “Nun libro…” e incluirá historias que fomentan a fantasía, a imaxinación e a creatividade dos lectores.

Paco Nogueiras na súa primeira visita a LPS.

CONTOS PARA BEBÉS E CURSO DE CONTACONTOS

Ademais, durante este mes de febreiro realizaranse dúas sesións de contacontos para bebés: o mércores 11 -con Paco Nogueiras como invitado especial- e o mércores 25 de febreiro, ambas ás 17:30 horas.

Por outra banda, xa está aberto o prazo de inscrición para un novo curso de contacontos para adultos que impartirá a actriz e narradora Beatriz Campos. Realizarase todos os xoves do mes de marzo en horario de 17:00 a 20:00 horas, e terá un prezo de 40 euros.

Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral. As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: