Skip to content

MECOS, MIMOS E ALOUMIÑOS PARA ‘A AVOA ADORMECIDA’

Xaneiro 22, 2015

"A avoa adormecida": Roberto Parmeggiani e João Vaz de Carvalho (Kalandraka).

LIBROS PARA SOÑAR celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, unha sesión de contacontos na que a historia principal será “A avoa adormecida”, que se incorpora por primeira vez ao repertorio. Escrita polo italiano Roberto Parmeggiani e ilustrada polo portugués João Vaz de Carvalho, esta obra recén publicada por KALANDRAKA trata sobre o Alzheimer a través da particular ollada dun neno, que detalla como lle vai afectando a doenza á súa avoa.

O relato reflicte con sensibilidade, tenrura e cercanía o ambiente familiar no que se presenta este trastorno ou calquera outra forma de demencia.

As ilustracións reforzan o enfoque poético do relato, que narra o proceso dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a enfermidade aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas, ata o letargo do sono irreversible. O tránsito do tempo, a perda dun ser tan querido e a dor pola ausencia represéntanse con fermosas metáforas visuais.

Trátase dun relato atemporal dirixido non só a público infantil a partir de 4 anos, senón tamén aos adultos: unha homenaxe á figura dos avós e avoas.

Escaparate dedicado a "A avoa adormecida".

Precisamente, a educación das emocións é a temática do programa de actividades de animación á lectura que se desenvolven este mes de xaneiro en LIBROS PARA SOÑAR.

O próximo mércores día 28, a partir das 17:30 horas, retomaranse as sesións de contos para bebés de 0 a 3 anos. Nesta ocasión vaise presentar “Non hai berce coma o colo”, un proxecto dirixido polos músicos e mestres Magoia Bodega e Paulo Nogueira, que recuperaron arrolos tradicionais de Galicia editados por KALANDRAKA en formato libro-disco, con ilustracións de Mariona Cabassa.

Finalmente, con motivo da celebración do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, o venres 30, o lema da sesión será “Contos para a paz”. Como libro destacado da xornada, foi elixido o álbum titulado “O principio”, da autora galega Paula Carballeira, ilustrado pola artista alemá Sonja Danowski.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: